A terceira edición de FP Innova, o maior escaparate da innovación na formación profesional, comeza este mércores

O Museo Centro Gaiás converterase no epicentro da FP española ao longo de tres días co fin de que o público xeral poida coñecer as potencialidades que presenta a ensinanza a nivel de innovación, competitividade, empregabilidade e uso social

O programa inclúe área de exhibición de proxectos, parte de congreso na que participarán empresas de renome e responsables de educación de varias comunidades e, por primeira vez, unha zona de obradoiros para visitantes

Lun, 23/04/2018 - 15:53
A terceira edición de FP Innova, o maior escaparate da innovación na formación profesional, comeza este mércores

A terceira edición do congreso FP Innova Galicia da Consellería de Cultura e Educación comeza este mércores coa exhibición de 47 proxectos de 25 centros educativos (ademais de 10 colaboradores), 30 deles vinculados coa innovación tecnolóxica, científica e didáctica e os outros 17 que responden a miniempresas creadas ao abeiro do plan de emprendemento do sistema educativo de Galicia, Eduemprende. A feira, que se celebrará nas plantas 0 e -1 do Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura, alongarase ata este venres. Prevese unha asistencia superior ás 8.000 persoas entre alumnado, profesorado e empresas participantes nos proxectos (máis de 500), así como público xeral, que poderá coñecer as potencialidades da FP en innovación, competitividade, empregabilidade e uso social para dar resposta ás necesidades da sociedade e do tecido produtivo galego.

Deste xeito, FP Innova converterase, por terceiro ano consecutivo, no maior escaparate sobre os traballos de innovación que se están desenvolvendo nos centros de formación profesional, uns proxectos adaptados aos novos retos da sociedade e ás demandas dos sectores produtivos galegos.

Exposicións de primeiro nivel

Ao igual que o ano pasado, a feira terá unha parte dedicada á exhibición dos proxectos e outra centrada no congreso, no que se celebrarán mesas redondas e diferentes exposicións sobre os traballos desenvoltos nos propios centros educativos ou sobre a aplicación de novas tecnoloxías e desafíos vindeiros.

Nesta parte de congreso participarán empresas de renome como Urovesa, Televés, Gaerum, Finsa ou Schneider, entre outras, así como responsables educativos de varias comunidades e de fóra de España. Así mesmo, tamén se contará coa achega de persoeiros de relevancia como Mar Capeáns Garrido, líder do grupo de Planificación e Proxectos do Departamento de Tecnoloxía do CERN. Todo o programa da feira pode consultarse no seguinte enlace: http://www.edu.xunta.gal/fp/congreso-fp-innova/programa.

Máis espazo e participación

Por outro lado, e entre as principais novidades do evento, cómpre resaltar que case se triplica a superficie da zona expositiva (pasando dos 1.800 metros cadrados do ano pasado aos 4.200 actuais) e tamén se amplía a participación do alumnado, xa que nesta edición ábrese a mozos e mozas desde 5º de Primaria, namentres que anteriormente estaba enfocado a partir de 4º de ESO. De feito, e co fin de xerar sinerxías entre FP Innova e a estratexia da Consellería para fomentar as vocacións STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas) entre o alumnado, por primeira vez organizaranse obradoiros de diferentes temáticas como robótica, impresión 3D, electrónica, fabricación de drons, madeira, hostalaría e industrias alimentarias.

Un robot para recibir aos visitantes

Outras das novidades máis destacables é a presenza dun robot que se encargará de recibir aos visitantes da feira. Novi é un proxecto desenvolto en colaboración polo CIFP Ferrolterra coa colaboración do CIFP As Mercedes de Lugo, que precisamente expoñerán na parte do congreso o mércores pola tarde.

Cómpre resaltar que a maior parte das iniciativas de innovación exhibidas no evento foron premiados en 2017 cos premios a proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e de innovación didáctica que convoca anualmente a Consellería. Pero tamén hai traballos desenvoltos por iniciativa propia dos centros, como é o caso da iniciativa Anti-velutina do CIFP Politécnico de Santiago de Compostela, na que un grupo de alumnos e alumnas deseñaron e construíron un sistema de baixo custo contra o ataque da avespa velutina ás abellas.    

Reunión directores xerais

Por outro lado, FP Innova reunirá os directores xerais de FP de todas as comunidades autónomas, así como o director xeral do Ministerio, Fernando Sánchez-Pascuala. Ademais, unha delegación de responsables dos Centros Integrados de Formación Profesional (CIFP) de Andalucía tamén se trasladará ata Santiago, interesados polo modelo galego, co fin de coñecelo máis de preto e intentar replicalo na súa comunidade.

A continuación detállanse os 25 centros coordinadores participantes no congreso, así como os 30 proxectos de innovación e as 17 miniempresas que se expoñerán a partir deste mércores.

Provincia da Coruña:

Centro educativo

Traballo de innovación

CIFP Coroso (Ribeira)

 

  • Clasificadora de envases en remoto

CIFP Politécnico de Santiago

Tres proxectos:

  • Impresora Delta gran formato multifunción
  • Mobiliario paramétrico
  • Anti-velutina

 

CIFP Ánxel Casal-Monte Alto da Coruña

Un proxecto:

  • Prototipo UTM soporte de asistencia sanitaria

Unha miniempresa:

  • Senlleiras Animación

CIFP Someso (A Coruña)

Dous proxectos:

  • Dixitalización de espazos urbanos e edificacións existentes
  • Maquetaxe e modelización estrutura offshore

Catro miniempresas:

  • Buggymax
  • Ecovir
  • Vertigalia
  • Aura

 

IES Monte Neme de Carballo

  • Utilización das novas tecnoloxías a través do deseño e a fabricación de produtos e adestradores que favorezan a autonomía persoal

 

IES Universidade Laboral de Culleredo

 

Un proxecto:

  • Equipamentos de medición da eficiencia

Unha miniempresa:

  • EduKart

 

IES Isaac Díaz Pardo de Sada

 

Miniempresa: PetSolar

CIFP Ferrolterra (Ferrol)

Sete proxectos:

  • FP Novi
  • Xestión e almacenamento de residuos
  • APP de reserva de vehículos compartidos
  • Adestrador de instalacións navais
  • Visor táctil para arqueiros invidentes
  • Formación do futuro con realidade virtual
  • Tecnoloxía radar

 

IES Fraga do Eume (Pontedeume)

 

  • Quilómetro cero: Elaboración de cervexa de maneira artesá como un produto diferenciador

 

IES de Ortigueira

Dous proxectos:

  • Deseño e fabricación de complementos de vestiario en madeira con distintos acabamentos
  • Construción dun veleiro bipraza adaptado a persoas con discapacidade

 

Provincia de Lugo

 

CIFP Politécnico de Lugo

Un proxecto:

  • Modulación central aspiración. Célula automatizada

Dúas miniempresas:

  • Madalú Longboard
  • Electrocetín

CIFP As Mercedes (Lugo)

Tres proxectos:

  • Biomasa-stirling-fotovoltaica
  • Deseño e fabricación dun dron
  • Aula IoT (Internet of Things): espazo dotado da última tecnoloxía en dispositivos conectados, software e sistemas

Unha miniempresa:

  • Airlucus

 

IES Sanxillao (Lugo)

Unha miniempresa: Pizzasan XL

 

IES San Rosendo (Mondoñedo)

 

Unha miniempresa: Benestar vexetal Biomondo

IES María Sarmiento (Viveiro)

Dúas miniempresas:

  • Visage
  • Hotel Cramel

 

IES Lois Peña Novo (Vilalba)

Tres miniempresas:

  • Bombeo Solar de Galicia SL
  • Ledómetro
  • Ensino Avós

Provincia de Pontevedra

CIFP Carlos Oroza (Pontevedra)

 

  • A nosa camelia, tan curiosa como saborosa

 

IES Pedra da Auga (Ponteareas)

 

  • Vivenda domótica 3D

CIFP A Granxa (Ponteareas)

  • Árbore artificial para gabeo

 

CIFP Valentín Paz Andrade (Vigo)

 

  • Aeroxerador didáctico asíncrono de eixe

IES Fermín Bouza Brey (Vilagarcía)

 

  • Maquetas virtuais industriais

IES Montecelo (Pontevedra)

  • Climóbil Solar: Equipamento dun vehículo cun sistema de climatización ecolóxico e activable a través do móbil

 

IES Chan do Monte (Marín)

  • Tenda electrónica en rede