O conselleiro de Educación recibiu a representantes educativos cos que dialogou sobre as bases para a elaboración do Decreto do Plurilingüismo
A rolda de contactos continuará o vindeiro luns 25 de xaneiro
O Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad xunto con distintos directores e secretarios do seu departamento continuou hoxe coa rolda de contactos para falar sobre as bases para elaborar do Decreto do Plurilingüismo. Ao longo do día foron recibidas distintas asociacións relacionadas coa Educación, continuando coas entrevistas iniciadas o martes e nas que, e ata o vindeiro luns, se escoitarán as suxestións de representantes políticos, académicos, sindicais, e das asociacións de pais.
Nas reunións de hoxe, mantidas na Consellería de Educación, estiveron presentes representantes da Confederación Católica Nacional de Padres de Familia y Padres de Alumnos (CONCAPA); da Confederación Galega de Minusvalidos (CONGAMI); os representantes de Escuelas Católicas; así como da Unión Sindical Obrera (USO); Asociación de Centros de Economía Social de Galicia (ACES); Asociaciónde Centros Autónomos de Enseñanza Privada (ACADE); e a Asociación Galega de Editores.
Ao igual que sucedera cos axentes socias recibidos o martes e mércores Vázquez Abad agradeceulles o esforzo realizado por estar presentes en ditos encontros e por responder á invitación realizada desde o Goberno co obxectivo de escoitar todas as opinións e valoracións realizadas en torno ao Borrador do Decreto do Plurilingüismo. O conselleiro de Educación fixo un balance "moi positivo"do terceiro día de reunións. Nese sentido, Xesús Vázquez quixo expresar, novamente, o seu agradecemento "todos os que ata agora xa falaron connosco, porque todos eles están a presentar as súas propostas dentro dun ámbito de diálogo e cordialidade".