Amplíase o prazo das axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do programa Erasmus+, para o alumnado do SUG que participa en Erasmus Estudos no curso 2017/2018
Xov, 01/02/2018 - 08:35
Xúntase a Orde do 26 de xaneiro de 2018 pola que se amplía o prazo de presentación de solicitudes da Orde do 24 de novembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do programa comunitario Erasmus+, para o alumnado do Sistema universitario de Galicia que participa en Erasmus Estudos no curso 2017/18.
- Amplíase ata o día 5 de febreiro de 2018, incluído, o prazo de presentación de solicitudes previsto no punto 4 do artigo 5 da Orde do 24 de novembro de 2017