Título node Learning object

"Voces tras los datos", un estudo sobre a violencia de xénero no alumnado adolescente andaluz
Xov, 30/11/2017 - 17:30
Portada

O Instituto Andaluz de la Mujer publicou unha obra de enorme interese para o profesorado de secundaria: Voces tras los datos: una mirada cualitativa a la violencia de género en adolescentes (2016). A súa autora é a profesora Carmen Ruiz Repullo. A obra ofrece unha breve contextualización do problema da violencia de xénero na poboación adolescente e dá conta dos resultados dun estudo de investigación realizado na Comunidade Autónoma de Andalucía. Baseándose nos datos obtidos ofrécense unha serie de conclusións que explican os comportamentos de mozos e mozas. Para rematar, ofrece unha serie de recomendacións para a prevención, a sensibilización, a detección e a intervención ante un caso de violencia de xénero.

Pódese consultar e descargar a publicación na seguinte ligazón.