Proposta de concesión dos premios fin de carreira para o alumnado que rematou os seus estudos universitarios no ano 2016 nas universidades do SUG
Mér, 18/10/2017 - 12:19
De acordo co establecido nas bases da convocatoria, a Comisión Avaliadora acordou, con data 10 de outubro de 2017, elevar ó conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a seguinte proposta de concesión de premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado que rematou os seus estudos universitario no 2016 nas universidades do Sistema universitario de Galicia.
Esta listaxe faise pública exclusivamente a efectos informativos. Proximamente publicarase no Diario Oficial de Galicia a Orde de resolución coa listaxe oficial de concedidos e denegados.