G1701010 Escenarios prácticos de seguridade e alta dispoñibilidade
Neste curso abórdanse, cun enfoque práctico, diferentes aspectos relativos á seguridade da información. Entre outras cousas se estudará:
- como protexer o perímetro dunha organización mediante o uso de devasas.
- como comprobar a debilidade dos sistemas de autenticación por contrasinais e as diferentes aproximacións para mellorar este sistemas (fortificación do servizo e autenticación por claves).
- como revisar o estado do sistema con ferramentas de análise automáticas.
- como protexer as comunicacións mediante o uso de técnicas criptográficas.
- como garantir a dispoñibilidade dos servizos empregando técnicas de alta dispoñibilidade.
- cales son os principais puntos da lexislación vixente a esta temática e como abordar o seu estudo nas nosas aulas.
O titor é profesor da familia de Informática e comunicacións, e conta cunha longa traxectoria impartindo docencia neste área temática. Titorizou anteriores edicións desta actividade formativa, tanto no seu actual formato na rede como en formato presencial.
Requisitos para participar
Para comezar co curso o participante debe ter claro que xa debe ter familiaridade co manexo de ferramentas de virtualización e coa instalación e administración básica de sistemas operativos Ubuntu Linux (configuración de rede básica, instalación de paquetes, execución de comandos por consola, ...).
Debido ó uso de máquinas virtuais, é recomendable que o equipo onde se monten os escenarios sexa un equipo relativamente moderno. Coma mínimo recoméndase un equipo Intel core i3 con 4 GB de RAM.
Data de comezo: 2/10/2017
Data de finalización: 10/12/2017
Lugar de celebración: Platega2
Número de horas totais: 50
Ligazón a FPROFE: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=78294
Ligazón á Aula Virtual: https://www.edu.xunta.es/platega2/course/view.php?id=699