Listaxe provisional de admitidos e excluídos das bolsas destinadas ao alumnado das universidades do SUG que participa en programas de mobilidade con países extracomunitarios no curso 2017/2018

Mér, 20/09/2017 - 11:44

De conformidade co establecido no artigo11 da Orde do 4 de xullo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de bolsas destinadas ao alumnado das universidades do Sistema universitario de Galicia que participan en programa de mobilidade con países extracomunitarios no curso 2017/2018, procédese á exposición das listaxes provisionais de solicitude admitidas e excluídas, e os motivos de exclusión

As persoas interesadas disporán dun prazo de reclamación de dez días e, durante ese prazo, poderán emendar erros e a falta de documentación ante a Secretaría Xeral de Universidades, achegando electronicamente, a documentación necesaria accedendo á Carpeta do cidadán da persoa interesada (subsanacion ou requirimento) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal/portada

  • Prazo de presentación da documentación do 21 de setembro ao 4 de outubro de 2017