Preto de 147.000 estudantes de ESO, bacharelato e de ensinanzas de réxime especial comezarán o curso 2017/18 este venres
A matriculación increméntase tan só nun 0,6%, á espera dos datos definitivos
A estes datos aínda habería que sumar o alumnado da FP, ensinanzas nas que a matrícula aínda non se pechou
Un total de 146.962 estudantes comezarán este venres, 15 de setembro, as clases na educación secundaria obrigatoria (ESO), bacharelato, e ensinanzas de réxime especial (ensinanzas para adultos, artísticas e deportivas), segundo os datos provisionais recompilados polos servizos estatísticos da Consellería de Cultura e Educación. Cómpre lembrar que as cifras de matriculación non serán definitivas ata dentro dunhas semanas, dado que aínda nos últimos días se realizaron exames de recuperación en secundaria. De feito, neste total tampouco se contempla o alumnado de FP, ensinanzas nas que aínda é posible matricularse.
ESO
Segundo as estimacións e datos provisionais da Xunta de Galicia, 90.679 alumnos e alumnas comezarán o curso en ESO, o que supón un 1,4 % máis ca no curso 2016/17.
Por tipo de centros e por provincias queda do seguinte modo:
|
Centros públicos |
Centros privados concertados |
Centros privados non concertados |
A Coruña |
26.897 alumnos |
9545 alumnos |
896 alumnos |
Lugo |
6827 alumnos |
1998 alumnos |
281 alumnos |
Ourense |
5475 alumnos |
3004 alumnos |
186 alumnos |
Pontevedra |
24081 alumnos |
10.651 alumnos |
838 alumnos |
Total |
63.280 alumnos |
25.198 alumnos |
2201 alumnos |
Nesta etapa educativa o alumnado non nacionalizado español diminuíu un 8,3% respecto do curso anterior.
|
2016/17 |
2017/18 |
A Coruña |
1086 alumnos |
985 alumnos |
Lugo |
518 alumnos |
518 alumnos |
Ourense |
368 alumnos |
332 alumnos |
Pontevedra |
1025 alumnos |
914 alumnos |
Total |
2997 alumnos |
2749 alumnos |
Bacharelato ordinario
Por outra banda os mesmos datos provisionais que manexa a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, indican que 31.269 alumnos e alumnas comezarán o venres as clases de bacharelato ordinario en Galicia, o que supón un 0,4 % máis ca no curso 2016/17.
|
Centros públicos |
Centros privados non concertados |
A Coruña |
10.792 alumnos |
2411 alumnos |
Lugo |
3092 alumnos |
282 alumnos |
Ourense |
2364 alumnos |
551 alumnos |
Pontevedra |
10077 alumnos |
1700 alumnos |
Total |
26.325 alumnos |
4944 alumnos |
No caso do bacharelato ordinario o número de alumnos e alumnas sen nacionalidade española a diferenza respecto do ano paso é dun 2,7 % estudantes máis:
|
2016/17 |
2017/18 |
A Coruña |
223 alumnos |
243 alumnos |
Lugo |
93 alumnos |
92 alumnos |
Ourense |
71 alumnos |
57 alumnos |
Pontevedra |
228 alumnos |
240 alumnos |
Total |
615 alumnos |
632 alumnos |
Ensinanzas de réxime especial
No que atinxe ás ensinanzas de réxime especial, en concreto no referido ás básicas, de secundaria e bacharelato para adultos e ao bacharelato semipresencial ou a distancia, segundo os datos provisionais o descenso do alumnado, ata os 13.496 estudantes, é do 3,8 % respecto do curso 2016/17.
A distribución por provincias e ensinanzas no curso 2017/18 é a seguinte:
|
A Coruña |
Lugo |
Ourense |
Pontevedra |
Total |
Ensinanzas básicas nivel I |
190 alumnos |
185 alumnos |
38 alumnos |
267 alumnos |
680 alumnos |
Ensinanzas básicas nivel II |
200 alumnos |
55 alumnos |
41 alumnos |
244 alumnos |
540 alumnos |
Ed. Secundaria adultos niveis I e II |
1971 alumnos |
525 alumnos |
534 alumnos |
2205 alumnos |
5235 alumnos |
Bacharelato presencial |
823 alumnos |
97 alumnos |
143 alumnos |
727 alumnos |
1790 alumnos |
Bacharelato semipresencial/distancia |
2352 alumnos |
477 alumnos |
353 alumnos |
711 alumnos |
3893 alumnos |
Ensinanzas non regradas |
280 alumnos |
127 alumnos |
300 alumnos |
651 alumnos |
1358 alumnos |
Pola súa banda, o número total de estudantes nas ensinanzas artísticas e deportivas acada este curso os 11.518, un 1,3% máis ca no curso anterior. En concreto, nas ensinanzas regradas de música, segundo as estimacións da Consellería, o alumnado será de 8783 alumnos, un 0,8% máis ca no ano académico 2016/17:
|
A Coruña |
Lugo |
Ourense |
Pontevedra |
Total |
Conservatorios de música e Centros autorizados de música |
3544 alumnos |
1193 alumnos |
1028 alumnos |
3018 alumnos |
8783 alumnos |
No caso das ensinanzas regradas de danza o número de matriculados é de 335, un 2,3 % menos ca no curso 2016/17; mentres que nas de arte dramática haberá 161 alumnas e alumnos, un 3,8 % máis ca no ano académico anterior.
Así mesmo o alumnado matriculado en ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño medra un 0,4 % ata chegar aos 674 estudantes. Por outra banda, nos estudos superiores de deseño haberá 640 matriculados, un 6,1% menos ca no curso anterior; mentres que nos estudos superiores de conservación e restauración de bens culturais haberá 81 alumnos, 3 máis ca no 2016/17. No caso das ensinanzas deportivas o incremento de alumnado é do 16,6 %, acadando os 844 alumnos.
Formación Profesional
No caso da Formación Profesional – non incluída nos devanditos 146.962 estudantes- a Consellería está aínda a pechar os datos de matriculación, que serán difundidos en datas próximas. Aínda así, a previsión inicial realizada polo departamento educativo da Xunta de Galicia é que – contando tanto os ciclos formativos en réxime ordinario e modular como a FP a distancia, a FP Dual e a nova FP Básica- o número de alumnas e alumnos sexa de arredor de 51.000.
Centros escolares
Os centros (públicos, concertados e privados) que imparten as devanditas ensinanzas quedan distribuídos do seguinte xeito:
|
A Coruña |
Lugo |
Ourense |
Pontevedra |
Galicia |
Educa. Primaria e Secundaria (1) |
53 |
26 |
21 |
66 |
166 |
C. de ESO |
18 |
3 |
2 |
16 |
39 |
C. de ESO e ensinanzas postobrigatorias |
82 |
35 |
25 |
70 |
212 |
C. de ensinanzas postobrigatorias |
46 |
12 |
12 |
32 |
102 |
C. de primaria, ESO e ensinanzas postobrigatorias (1) |
33 |
3 |
6 |
25 |
67 |
C. de adultos (2) |
|
1 |
1 |
2 |
4 |
- Inclúense os centros que imparten tamén o segundo ciclo de educación infantil.
- Inclúense nesta categoría os centros que imparten exclusivamente ensinanzas de adultos