Información sobre servizos mínimos de transporte escolar os días 20 e 21 de xuño de 2017, con ocasión da folga convocada con carácter indefinido no sector do transporte de viaxeiros por estrada para os martes e mércores de cada semana

Lun, 19/06/2017 - 13:29

Nos servizos regulares de uso especial para transporte de escolares, manteranse como esenciais os servizos de entrada aos centros desde ás 7.30 ata as 10.30 horas e os de saída desde das 13.30 ás 19.00 horas nos itinerarios.de transporte escolar de estudantes de niveis de ensino obrigatorio, cuxa lonxitude total sexa superior a 4 km.

Neste sentido, sinálanse, por provincias, a relación de servizos afectados pola folga convocada, nos que haberá servizos mínimos de transporte escolar.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria lamenta os trastornos que a convocatoria desta folga poida causar aos alumnos e ás súas familias, que, en todo caso, preténdense paliar coa fixación dos servizos mínimos na totalidade do alcance permitido na actualidade.