Política Lingüística e a UVigo recoñécenlle ao alumnado a súa calidade e creatividade en galego

Genaro Méndez, Lidia Dosil e Manuel Arca recibiron hoxe os seus premios, entregados nun acto no que participou o secretario xeral de Política Lingüística

A iniciativa enmárcase no convenio de colaboración en materia de normalización lingüística asinado polas dúas entidades

Mar, 23/05/2017 - 18:32
Política Lingüística e a UVigo recoñécenlle ao alumnado a súa calidade e creatividade en galego
Política Lingüística e a UVigo recoñécenlle ao alumnado a súa calidade e creatividade en galego

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio da súa Secretaría Xeral de Política Lingüística, e mais a Universidade de Vigo (UVigo), por medio da súa Área de Normalización Lingüística, recoñeceron un ano máis a calidade e a creatividade en galego do seu alumnado, a través dos Premios 2017 de Poesía, Relato Curto e Tradución Literaria. Os galardóns foron entregados hoxe nun acto que contou coa participación do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.

Recibíronos Genaro Méndez, polo poemario Hadewijch; Lidia Dosil, polo relato Misións; e Manuel Arca, pola tradución dun texto de Raymond Carver. Ademais destes premios, o xurado outorgou accésits nas tres modalidades. Fixéronse con eles Tamara Andrés e Paulo Vilar, polos poemarios Recuperar as mans e Nas ribeiras dos finisterraes, respectivamente; Xosé Sobral e Antía Iglesias, polos relatos Contacontos cotiáns e Cortiza branca, respectivamente; e Moncho Iglesias Mígea e Hadrián Pérez Roma, polas traducións de textos de Azhar Abidi e Chimamanda Ngozi Adichie, respectivamente.

Á edición 2017 destes premios concorreron un total de 48 traballos, dos cales se presentaron 12 na categoría de poesía, 16 na de relato curto e 8 na de tradución literaria. Os recoñecementos enmárcanse no convenio de colaboración en materia de normalización lingüística asinado pola Xunta de Galicia e a universidade viguesa.

Menús News node R