A Consellería de Educación convoca 268 prazas de corpos de mestres e de profesorado de artes plásticas e deseño
A convocatoria axústase ao máximo do 30% de taxa de reposición marcado polo Goberno central
A Consellería de Educación convocará un total de 268 prazas para corpos docentes de mestres e de profesorado de artes plásticas e deseño, conforme o aprobado polo Consello da Xunta na súa reunión semanal.
Con esta convocatoria de 250 prazas para mestres de educación infantil e primaria e 18 para os profesores das ditas especialidades, a Consellería de Educación dá resposta ás necesidades do sistema educativo galego desde o punto de vista do número de xubilacións e da taxa de interinidade, apostando así pola calidade do ensino público.
Cómpre lembrar que o número de prazas da oferta pública de emprego se axusta ao máximo do 30% da taxa de reposición marcada polo Goberno central.