‘FP Innova’ arrinca mañá con 40 proxectos innovadores e conferencias sobre o papel da FP na sociedade
O congreso, que inaugurará este mércores o presidente da Xunta, estenderase ata o venres e reunirá a máis de 7.000 alumnos e 300 profesores de toda Galicia
O Museo Centro Gaiás converterase no epicentro da FP galega ao longo de tres días co fin de que o público xeral poida coñecer as potencialidades que hoxe presenta a ensinanza a nivel de innovación, competitividade e empregabilidade
O programa está dividido entre a área de exhibición dos proxectos e a parte de congreso, na que participarán diferentes empresarios de renome e responsables de educación de varias comunidades e, incluso, de fóra de España
O II congreso ‘FP Innova Galicia’ arrinca mañá coa exhibición de 40 proxectos innovadores, nos que participaron 23 centros educativos e 30 empresas. A feira reunirá, ao longo de tres días e nun único recinto –o Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura– a un total de 250 alumnos, que darán a coñecer, a través de actividades demostrativas, os 32 proxectos que desenvolveron na aula, así como as 8 miniempresas creadas ao abeiro do programa Eduemprende.
Así mesmo, tamén se prevé a visita doutros 7.000 alumnos e alumnas de centros de toda Galicia, principalmente de ESO e de FP Básica, que poderán comprobar as potencialidades que hoxe presenta esta ensinanza a nivel de innovación, competitividade e empregabilidade.
O evento, que inaugurará mañá o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, estenderase ata o venres e contará con dúas partes diferenciadas. Por un lado, a área expositiva dos proxectos de innovación e, por outro, a parte dedicada a congreso, á que asistirán arredor de 300 docentes. Neste contexto, cómpre destacar que as diferentes charlas e mesas redondas programadas contarán coa participación de empresas de relevancia como Navantia, Gas Natural Fenosa, Paradores ou Estrella Galicia, entre outras.
Participación de catro comunidades
Ademais, tamén se prevé a presenza da directora xeral de Formación Profesional do Ministerio, así como de varios responsables institucionais de comunidades autónomas –Castela e León, País Vasco, Murcia e Comunidade Valenciana–, que tratarán a relevancia dos CIFP en España. Nas mesas redondas tamén se contará coa participación da directora de programas da axencia Brainport Development, N.V. dos Países Baixos, Yvonne van Hest; así como do delegado rexional do Instituto de Emprego e Formação Profissional da Região Norte de Portugal, António Leite.
Así mesmo, e na parte propiamente de congreso, organizaranse un total de 19 talleres de innovación vinculados cos proxectos expositivos entre a tarde do mércores e a do xoves. O programa completo pode consultarse no seguinte enlace http://www.edu.xunta.gal/fp/webfm_send/7105.
En canto á información da feira en xeral, está toda cargada na páxina web http://www.edu.xunta.gal/fp/congreso-fp-innova/congreso. Tamén está dispoñible unha aplicación móbil, tanto para Android como para IOS, e aberta ao público xeral, co fin de que a sociedade coñeza de preto o alto nivel dos traballos que desenvolve o alumnado de FP.
A continuación detállanse os 23 centros participantes no congreso, así como os 32 traballos de innovación e as 8 miniempresas que se expoñerán a partir de mañá.
Provincia da Coruña:
Centro educativo |
Traballo de innovación |
CIFP Politécnico de Santiago |
Seis proxectos:
|
CIFP Compostela (Santiago) |
Elaboración de produtos cárnicos de calidade de maior valor engadido
|
IES Nº1 de Ordes |
Montaxe dun motor diésel sobre unha estrutura para a realización de prácticas de diagnose e simulación de avarías
|
IES Ortigueira |
Exemplos de elementos e produtos innovadores realizados en madeira
|
IES de Curtis |
Aplicación para o seguimento en tempo real de aeronaves
|
CIFP Someso (A Coruña) |
Dous proxectos:
|
IES A Sardiñeira (A Coruña) |
Control de proceso nun tanque con regulación de presión, nivel e caudal
|
CIFP Ánxel Casal-Monte Alto (A Coruña) |
Miniempresa: OUVISAN (fabricación de protectores auditivos)
|
IES Isaac Díaz Pardo de Sada |
Miniempresa: Termolagoa Cooperativa (calzado e roupa calefactada)
|
IES Universidade Laboral de Culleredo |
Deseño e montaxe dunha instalación altamente eficiente |
CIFP Ferrolterra (Ferrol) |
Catro proxectos:
Unha miniempresa: Minicaravana Ferrolterra
|
IES Leixa (Ferrol)
|
Miniempresa: Progeixa (servizo de produción gráfica) |
CIFP Coroso (Ribeira) |
Climatización xeotérmica por focos combinados
|
Provincia de Lugo
CIFP Politécnico de Lugo |
Comunicación dun arduino cunha instalación domótica de KNX
Dúas miniempresas:
|
IES Lois Peña Novo de Vilalba |
Aplicacións prácticas usando hardware e software libre |
CIFP As Mercedes |
Catro proxectos:
|
IES Sanxillao (Lugo) |
Miniempresa: Dabcake (realización de doces e repostería salgada)
|
IES San Rosendo (Mondoñedo) |
Miniempresa: Arte floral San Rosendo |
Provincia de Ourense
CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel |
Prácticas de laboratorio para o control de calidade de viños galegos |
Provincia de Pontevedra
CIFP Carlos Oroza (Pontevedra) |
Dous proxectos:
|
CIFP Manuel Antonio (Vigo) |
Fabricantes de sorrisos
|
CIFP Valentín Paz Andrade (Vigo) |
Produción de calor ecolóxica con equipo frigorífico baseado en hidrocarburos
|
Benteler (para os alumnos de FP Dual do CIFP Politécnico de Vigo)
|
Simulador de soldadura de Benteler |
IES Antón Losada Diéguez (A Estrada) |
Deseño e construción duns robots para competicións de loita
|