A Consellería de Educación comezará as obras de construción do IES do Milladorio de forma inmediata
A Consellería vén de realizar o replanteo da obra, o que supón o inicio dos traballos
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria dará comezo á obras de construción do novos IES do Milladoiro (Ames) con carácter inmediato, tras a realización do replanteo da obra, o que supón o inicio dos traballos.
A partires deste replanteo comezarán as obras para erixir o no centro, cuxa construción se desenvolverá de acordo co ritmo previsto no programa de traballo. O novo centro acollerá contará con unha superficie útil de 5.892 metros cadrados, e acollerá 16 unidades de ESO e 3 de Bacharelato.
O inicio destas obras supoñen un importante avance no cumprimento do compromiso que a Consellería de Educación mantén coa comunidade educativa de Ames, ao dotala dun novo instituto que cubra as necesidades de escolarización da zona, para o que se investirán máis de 5,3 millóns de euros. Deste xeito o IES do Milladoiro constitúe un dos investimentos máis importantes en materia de edificación de centros educativos en Galicia, o que supón un importante esforzo por parte do Goberno galego no actual contexto de crise económica.