As condicións meteorolóxicas deixan sen clase a 24.113 nenas e nenos

As clases suspendéronse en 17 centros de ensino do total dos 294 centros afectados

Xov, 23/03/2017 - 13:22

Un total de 24.113 alumnas e alumnos de infantil, primaria e secundaria faltaron hoxe a clase por mor das condicións meteorolóxicas nun total de 294 centros de ensino de Galicia –dos que 17 pecharon as súas portas-, segundo os datos recollidos pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Os datos por provincias son os que se relacionan nos seguintes cadros:

 

Provincia da Coruña

Nº de alumnos afectados

11.704

Nº de centros afectados

86

Concellos afectados

Betanzos, Neda, Pontedeume, Ames, Aranga, Arzúa, A Baña, Boimorto, Boqueixón, Brión, A Capela, Curtis, Frades, Melide, Mesía, Monfero, Negreira, Ordes, Oroso, O Pino, As Pontes de García Rodríguez, Santa Comba, Santiago de Compostela, Santiso, Sobrado, As Somozas, Teo, Toques, Tordoia, Touro, Trazo, Val do Dubra, Vedra e Vilasantar

Centros con clases suspendidas

6: CPI Armando Cortarelo Valledor (Boimorto), IES de Curtis (Curtis), EEI de Olas (Mesía), CEIP Barrié de la Maza   (Santa Comba), CEIP Plurilingüe Pepe de Xan Baña (Santa Comba) e IES Terra de Xallas (Santa Comba)

 

 

Provincia de Lugo

Nº de alumnos afectados

5220

Nº de centros afectados

87

Concellos afectados

Abadín, Antas de Ulla, Begonte, Castro de Rei, Castroverde, O Corgo, Cospeito, Friol, Guitiriz, Guntín, Lugo, Meira, Monterroso, Outeiro de Rei, Palas de Rei, Paradela, O Páramo, Pastoriza, Pol, Portomarín, Rábade, Riotorto, Sarria, Vilalba, Xermade, Baleira, Baralla, Becerreá, Cervantes, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, O Incio, Navia de Suarna, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Samos, Triacastela, Bóveda, Carballedo, Chantada, Monforte de Lemos, Pantón, Quiroga, Saviñao, Sober e Taboada

Centros con clases suspendidas

4: CPI Poeta Uxío Novoneira (Folgoso do Courel), CEIP Ricardo Gasset (O Incio), IES de Monterroso (Monterroso), CEIP Plurilingüe Lagostelle (Guitiriz)

 

 

Provincia de Ourense

Nº de alumnos afectados

3299

Nº de centros afectados

71

Concellos afectados

Amoeiro, Avión, Beariz, Boborás, O Carballiño, Coles, O Irixo, Maside, A Peroxa, San Cristovo de Cea, Vilamarín, Melón, Ourense, Padrenda, O Pereiro de Aguiar, San Amaro, Taboadela, Allariz, Baltar, Bande, Baños de Molgas, Os Blancos, Castrelo do Val, Celanova, Cualedro, Entrimo, Laza, Lobios, A Merca, Monterrei, Muíños, Oímbra, Rairiz de Veiga, Ramirás, Sandiás, Sarreaus, Verín, Vilar de Barrio, Vilardevós, Xinzo de Limia, Xunqueira de Ambía,  O Bolo, Carballeda de Valdeorras, Castro Caldelas, A Gudiña, Maceda, Manzaneda, A Mezquita , A Pobra de Trives, Riós, A Veiga, Viana do Bolo,Vilariño de Conso, O Barco de Valdeorras, A Rúa  e Vilamartín de Valdeorras

           

Centros con clases suspendidas

Ningún

 

 

 

 

Provincia de Pontevedra

Nº de alumnos afectados

3890

Nº de centros afectados

50

Concellos afectados

Agolada, Campo Lameiro, A Cañiza, Cerdedo, Cotobade, Covelo, Cuntis, Dozón, A Estrada, Forcarei, Fornelos de Montes, Lalín, A Lama, Moraña, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces

Centros con clases suspendidas

7: CEIP de Agolada (Agolada), CPI da Cañiza (A Cañiza), CEIP Antonio Blanco Rodríguez (Covelo), CEIP de Soutelo de Montes (Forcarei), CEIP Nosa Señora das Dores (Forcarei), IES Chano Piñeiro (Forcarei) e CEIP Varela Buxán (Lalín).

Garantir a seguridade e facilitar a conciliación

Cómpre subliñar que a Comisión de Alertas decidiu a suspensión do transporte escolar co único obxectivo prioritario de salvagardar a seguridade dos nenos e nenas. O feito de facelo en franxas horarias débese á intención de conciliar a vida escolar e familia coa medida adoptada en función da predición oficial da AEMET (Axencia Estatal de Meteoroloxía). Hai que ter en conta que é a primeira vez, desde que se creou a Comisión de Alertas, na que se dá a circunstancia de que o inicio do adverso meteorolóxico se atopa en metade do período lectivo (normalmente prodúcese antes do seu inicio).

Polo tanto, garantiuse a prestación do servizo de transporte escolar nas franxas horarias nas que non existía risco, co fin de, polo menos, poder facilitar aos pais unha conciliación parcial. Cómpre sinalar, ademais, que a Comisión de Alertas toma estas decisións cunhas 12 horas de antelación, co fin de que as familias e a comunidade educativa se poidan organizar co suficiente tempo posible.

É necesario, así mesmo, sinalar que só 1/3 do alumnado é transportado, polo tanto a suspensión xeneralizada das clases suporía un inconveniente para unha porcentaxe moito maior de alumnado que se pode desprazar camiñando ao centro educativo.