Listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas das axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do programa comunitario Erasmus+, para o alumnado do SUG que participa en Erasmus Estudos no curso 2016/2017

Xov, 09/03/2017 - 12:42

De conformidade co artigo 10 da orde do 14 de decembro de2016 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do programa comunitario Erasmus +, para o alumnado do Sistema universitario de Galicia que participa en Erasmus Estudos no marco 2016/2017, procédese á exposición das Listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas, e os motivos de exclusión.

As persoas interesadas disporán dun prazo de reclamación de dez días e, durante ese prazo, poderán emendar erros e a falta de documentación ante a Secretaría Xeral de Universidades, achegando electronicamente, a documentación necesaria accedendo á Carpeta do cidadán da persoa interesada (modelo emenda ao requirimento) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal/portada

  • Prazo de presentación da documentación do 10 o 23 de marzo.