Plan de Formación e Información - Prevención de Riscos Laborais 2016/2017
O Servizo de Prevención de Riscos Laborais da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria organizou dentro do marco normativo de prevención de riscos laborais, o plan de formación e información (2016/2017), para o persoal docente e non docente, destinado en centros docentes públicos non universitarios, dependentes da dita Consellería, que se está a desenvolver en distintas localidades da Comunidade Autónoma de Galicia, a través de MUGATRA (entidade adxudicataria do servizo de prevención alleo de riscos laborais).
O plan de formación e información consta de 30 cursos na modalidade presencial de 3 horas de duración cada un, en materia de primeiras axudas, alerxias varias, intolerancias alimentarias, patoloxías da voz e outros riscos específicos.