Axudas destinadas ao alumnado que curse estudos universitarios, no curso 2016/2017, nas universidades do SUG, que por causa sobrevida ou imprevista teña dificultades económicas para continuar estudos
Xov, 26/01/2017 - 08:51
Xúntase a Orde do 15 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de axudas destinadas ao alumnado que curse estudos universitarios, no curso académico 2016/17, nas universidades do Sistema universitario de Galicia, que por causas sobrevidas e imprevistas teña dificultades económicas para continuar estudos.
Prazo de presentación das solicitudes:
- Se a causa sobrevida e imprevista aconteceu con anterioridade á publicación desta orde, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.
- Se a causa sobrevida e imprevista acontece con posterioridade á publicación desta orde, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde que aconteceu a causa sobrevida sendo, nestes casos, a data límite para a presentación das solicitudes o 31 de xullo de 2017, sen prexuízo do sinalado no artigo 3.b).