Avaliacións do sistema educativo

A avaliación do sistema educativo é un elemento imprescindible para a mellora da calidade e a equidade da educación que permite detectar os aspectos que funcionan ben e os que poden ser mellorados, exercendo unha función de transparencia e de rendemento de contas á sociedade e contribuíndo ao coñecemento do sistema para orientar a toma de decisións das institucións e dos sectores implicados na educación.

A Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, desde a Subdirección Xeral de Ordenación, Inspección e Avaliación do Sistema Educativo, a través do Servizo de Avaliación do Sistema Educativo, organiza, planifica e deseña instrumentos para a realización dos procesos de avaliación do sistema educativo non universitario e coordina o desenvolvemento na comunidade autónoma dos programas nacionais e internacionais de avaliación nos que participe Galicia e as accións de mellora dos centros e servizos educativos.

 

Avaliacións do sistema educativo