Cultura e Educación adxudica a reforma da cociña do CIFP Compostela
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de adxudicar a obra de reforma interior da cociña do CIFP Compostela, na capital de Galicia. A actuación conta cun orzamento de 415.509,16 € e un prazo de execución de 2 meses. O expediente pode consultarse no enlace http://www.contratosdegalicia.gal/licitacion?N=61840 .
A actuación consistirá na reorganización interior da cociña e dos espazos anexos á mesma. Ademais, substituiranse pavimentos, alicatados, falsos teitos e parte da carpintería interior. O obxectivo desta actuación é mellorar a cociña do centro para adaptala ás súas necesidades actuais e actualizar e modernizar as súas instalacións e equipamento industrial.
A obra foi adxudicada á empresa Misturas obras e proxectos, S.A., tal e como pode consultarse no Portal de Transparencia da Xunta de Galicia.