O conselleiro de Educación visita as instalacións dos IES Monelos e o CEIP Sagrada Familia na Coruña

Xesús Vázquez Abad comprobou de primeira man a situación de ambos centros educativos

Ven, 18/02/2011 - 13:00

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, visitou ao longo da mañá de hoxe o IES Monelos e o CEIP Sagrada Familia, ambos na Coruña, en nos que se investiron máis de 220.000 euros en distintas obras de mellora. En ambas visitas o titular de educación da Xunta estivo acompañado pola xefa territorial do departamento na provincia, María Teresa Fernández Villaverde.

Deste modo a primeira hora da mañá de hoxe Vázquez Abad achegouse ata o IES Monelos, onde comprobou de primeira man a situación do centro no que a administración vén de investir máis de 201.000 euros na mellora da cuberta e en distintas accións que afectaron á instalación eléctrica, e á reposición do pavimento do patio exterior.

O conselleiro acompañado polo director do mesmo, Ramón Martínez Rodríguez, así como por parte do equipo directivo, percorreron as instalacións que conta con 185 alumnas e alumnos de bacharelato e 239 da ESO. De todos eles 70 se están a beneficiar das seccións bilingües en inglés destinadas a estudantes de 2º e 3º da ESO. Ademais todos estes estudantes completan a súa formación a través das actividades desenvolvidas a través dos plans impulsados desde a Consellería a través da biblioteca escolar na que se ten investidos máis de 12.500 euros.

Tras esta visita o conselleiro e a xefa territorial de Educación na Coruña desprazáronse ata o CEIP Sal Lence cuxas instalacións visitaron xunto a presidenta da Fundación Paideia, Rosalía Mera.

CEIP Sagrada Familia

O último centro que visitaron Vázquez Abad e Fernández Villaverde foi o CEIP Sagrada Familia,  tamén na Coruña, no que a Consellería investiu máis de 20.000 euros na reposición das persianas.

Os representas de educación da Xunta, acompañados polo director Pedro Garea Gómez, percorreron as instalacións nas que estudan 197 nenas e nenos de educación infantil e 400 de primaria. Neste centro a biblioteca escolar e as actividades desenvolvidas a través dela contaron co apoio da Xunta a través dos preto de 5.000 euros investidos neste espazo.

Coas visitas realizadas ao largo do día de hoxe o Vázquez Abad continúa a demostrar o seu compromiso coa comunidade educativa de toda Galicia, e tal e como sinalou ante os medios “estes encontros son un dos mellores foros para conversar coas comunidade educativas e intercambiar ideas, peticións e solucións a todas a necesidades que xorden neste ámbito”.