Educación recoñece a 20 estudantes cos premios extraordinarios de ESO polo seu rendemento académico

Este galardón, instaurado pola Consellería, valora o esforzo e dedicación do alumnado que cursou, cun excelente aproveitamento, a educación secundaria obrigatoria no sistema educativo galego

O 55% dos premiados ten unha cualificación media de entre 9,75 e 10

Ven, 04/11/2016 - 10:22

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de conceder a 20 alumnas e alumnos galegos os Premios Extraordinarios de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) ao rendemento académico correspondentes ao curso 2015/16. Estes galardóns supoñen o recoñecemento do esforzo e a dedicación do alumnado que cursou, cun excelente aproveitamento, a educación secundaria obrigatoria no sistema educativo galego.

Cualificación superior a 9 puntos

Todos os premiados obtiveron unha medida das cualificacións en todas as materias dos catro cursos de ESO igual ou superior a 9, e deles, o 55 por cento obtivo unha nota media de entre 9,75 e 10.

Así mesmo lograron as mellores cualificacións na proba realizada para optar a ditos premios, que estaba estruturada en dúas partes. Unha primeira relacionada coas materias de lingua galega e literatura, lingua castelá e literatura e primeira lingua estranxeira; e unha segunda sobre ciencias sociais, xeografía e historia, matemáticas e unha materia a escoller entre bioloxía e xeoloxía, educación plástica e visual, física e química, latín, música e tecnoloxía.

Cada premio está dotado cunha contía de 750 € e supón a anotación da distinción no seu expediente académico, así como un diploma acreditativo. Ademais outórgalles a posibilidade de concorrer aos premios nacionais de educación secundaria obrigatoria. 

Listado de premiados

Tal como publica hoxe o DOG  (http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20161104/AnuncioG0164-261016-0002_gl.html), nesta edición acadaron o galardón 9 alumnos e alumnas de centros da provincia da Coruña (Alexo Castro Yañez, do CPR Manuel Peleteiro; Xoán Domínguez San José, do IES A Pontepedriña; Manuel Fernández López, do IES Plurilingüe de Ames; Nuria Mexuto Bautista, do IES María Casares; Juan Carlos Regueiro García, do IES Fernando Wirtz Suárez; Juan Carlos Rocamonde Quintela, do CPR Manuel Peleteiro; Enrique Salvado Vigo, do IES Antonio Fraguas Fraguas; Andrés Tasende Caamaño, do IES Alfredo Brañas; e Carlos Villanueva Mariz, CPR Manuel Peleteiro), 1 da provincia de Lugo  (Saúl Corredoira Rodríguez, do CPR La Inmaculada), 3 da provincia de Ourense (Óscar Fernández Alonso, do CPR Plurilingüe Santa Teresa de Jesús; Brais Gerpe Vilas, do IES Ramón Otero Pedrayo; e Óscar Ocampo Pérez, do IES Eduardo Blanco Amor)) e 7 de centros da provincia de Pontevedra (Inés Allariz Pena, do CPI do Toural; Antía Álvarez Pazó; do IES Alexandre Bóveda; Eva Diz Ferreira, do CPR Plurilingüe Apostol Santiago; Virginia Estévez Suárez, do IES Mestre Landín; Candela García García, do CPR Plurilingüe Apostol Santiago; José Antonio López Franco, do IES de Ponte Caldelas; e Paloma Otero López, do IES Gonzalo Torrente Ballester).