A Consellería, dentro das súas competencias, estudiará o traslado da nena do CEIP de Arteixo, se así o solicitan os seus proxenitores
Educación apoia a autonomía dos centros educativos e os seus regulamentos internos
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria respecta e apoia a decisión tomada polo Consello Escolar do CEIP de Arteixo en base a súa autonomía e o seu regulamento interno.
Deste xeito a Consellería recorda que a normativa do centro educativo vai acorde co seu regulamento interno e que esta apoiado polo Consello Escolar- no que están representados os estamentos do centro - e pola ANPA. Estas normas foron aprobadas a comezo de curso e polo tanto todos os estudantes es os seus pais e nais eran coñecedores do regulamento co que tiñan que cumprir.
Por outra banda a Consellería asegura que, no caso que nos ocupa se os proxenitores da menor non estÁn de acordo coa normativa do centro e solicitan o cambio de CEIP entón será estudada a solicitude, sempre e cando exista unha alternativa e non supoña unha intromisión na autonomía do outro centro.