Educación pasa de 2 a 3-4 semanas a duración das estadías no estranxeiro, para unha mellor formación do profesorado en linguas
Con menos recursos, aumentaranse as horas de formación e as prazas en “pobos ingleses” en España
A Consellería de Educación ten previsto que este ano a formación do profesorado para a mellora das súas competencias en linguas estranxeiras conte con estadías de case o dobre de duración ca o ano pasado e con máis horas de formación. Serán 350 prazas para estadías de 3 a 4 semanas, en lugar dos 15 días do pasado ano. O programa, que conta con menor dotación orzamentaria, pero que, aplicado con mais eficiencia, repercutirá na mellora da calidade formativa dos docentes, prevé así mesmo que os seus beneficiarios se comprometan a impartir a lingua estranxeira na que se estean a perfeccionar, en seccións bilingües ou en centros plurilingües do noso país.
Para poder levar a cabo esta iniciativa, a Dirección Xeral de Educación e FP, presentou na última Mesa Sectorial Docente dúas Ordes que se publicarán proximamente no D.O.G. e que permitirán ter profesores ben formados para, en consecuencia, poder acadar un dos principais obxectivos da Xunta, cal é a mellora das competencias en linguas estranxeiras das nosas alumnas e alumnos.
O nivel de competencia B2
Na primeira das ordes aludidas establecese o procedemento de acreditación da competencia en idiomas, que posúe
o profesorado para impartir a materia da que é especialista (matemáticas, física e química, tecnoloxía,..etc,) nunha lingua estranxeira, principalmente inglés. Así, os profesores que posúan algunha acreditación de terse formado en idiomas, recoñeceráselle a súa competencia, conforme aos niveis (A1, A2, B1, B2) que estableceu a Unión Europea nun marco de referencia para as linguas.
A Orde establece tamén un itinerario de formación que posibilita, a través de cursos específicos para o profesorado, a súa formación para acadar progresivamente os niveis A2, B1 e B2. Estes cursos desenvolveranse nas Escolas Oficiais de Idiomas e nos Institutos que estableza a Dirección Xeral de Educación. O obxectivo é que o maior número de profesores acade o nivel de competencia B2 nunha lingua estranxeira, que é o requisito que temos establecido para que poida impartir a súa materia.
Os profesores que posúan ou acaden, a través do itinerario de formación que establece a Orde, o nivel de competencia B2 nunha lingua estranxeira, poderán participar en estadías formativas noutros países ou en pobos ingleses en España para mellorar as competencias nesa lingua, sobre todo as de comunicación oral.
Estadías no estranxeiro
A segunda norma que se tratou na Mesa Sectorial Docente, foi unha Orde pola que se convocan prazas, para que os
profesores que posúan as competencias requiridas para impartir docencia nos centros plurilingües e nas seccións bilingües, poidan realizar actividades de formación a través de estadías noutros países ou en Pobos Ingleses en España. As estadías –para as que se convocan 350 prazas, de tres e catro semanas en lugar das dúas do ano pasado- realizaranse nos meses de xullo e agosto en Canadá, Estados Unidos, Reino Unido, Alemaña, Francia, Portugal, España (en “pobos ingleses”). Para participar nelas estadías é necesario ter o nivel B2. Aínda que tamén poden participar, este ano, os que teñan o nivel B1 que estean a impartir docencia en seccións bilingües coa finalidade de que poidan acadar o nivel requirido (B2).
Polo demais, os participantes nas estadías teñen que comprometerse a impartir docencia da súa materia, na lingua estranxeira na que se está formando, no centro de destino, ben en seccións bilingües ou en centros plurilingües.
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a través da Dirección Xeral de Educación e FP, xestionará as estadías dos profesores, que incluirán as viaxes de desprazamento ao país de destino, o aloxamento e manutención durante a estancia, a docencia, é dicir, o custo da formación que reciban, as actividades
culturais nas que participen, e as probas que teña que realizar. É dicir, o profesorado seguirá cobrando a súa nómina e terá cubertos os gastos derivados da súa estadía formativa noutro país.
Máis prazas en “pobos ingleses”
A consellería decidiu reducir algo o número de prazas para incrementar a calidade, xa que si as estadías fosen de dúas semanas como se viñan facendo ata agora, o número de prazas sería o mesmo que o pasado curso, a pesares da situación económica que estamos a vivir, o que reflicte claramente a aposta desta Administración pola formación do profesorado e pola mellora da competencia nas linguas estranxeiras.
Cómpre resaltar ademais o incremento do número de prazas en pobos ingleses en España porque foi unha das acción mais valoradas polo profesorado que a ten experimentado, xa que se pasa das 35 prazas no 2010 ás 147 deste ano 2011. A Consellería de Educación quere precisar así mesmo que diminúe o número de estadías nalgúns países en relación coa oferta do pasado, por exemplo, no caso de Alemaña, porque o número de renuncias que se ten producido foi moi considerable.
En definitiva, coa nova oferta estase a favorecer a mellora na calidade da formación que se está a impartir nos centros plurilingües e nas seccións bilingües, en Galicia, porque o profesorado estará mellor formado, e ademais contará co apoio dos auxiliares de conversa nas clases. Este xeito, profesores e alumnos terán mellores oportunidades de acadar un bo nivel de competencias nunha lingua estranxeira, principalmente o inglés.
As prazas que se convocan teñen os destinos seguintes:
MODALIDADE
|
Prazas 2011 |
|
1.1. PALE Inglés en infantil |
15
|
Reino Unido (3 semanas)
|
1.2. PALE Inglés en primaria |
15
|
Reino Unido (3 semanas)
|
1.3. PALE Inglés profesorado CLIL Secundaria/FP |
40
|
Canadá ou USA (3 semanas)
|
1.4. PALE Francés profesorado CLIL Secundaria/FP |
10
|
Francia (3 semanas)
|
1.5. PALE Inglës profesorado CLIL primaria |
10
|
Reino Unido (3 semanas)
|
2.1. PALE Integración profesorado inglés secundaria |
10
|
Canadá (4 semanas)
|
2.2. PALE Integración Inglés para profesorado CLIL |
25
|
Canadá (4 semanas)
|
2.3. PALE Integración inglés para profesorado CLIL |
15
|
Canadá (4 semanas)
|
3.1. Inglés oral para profesorado especialista de |
27
|
España (1 semana)
|
3.2. Francés para profesorado especialista |
8
|
Francia (2 semanas)
|
3.3. Inglés para profesorado non especialista |
135
|
España (1 semana)
|
3.4. Francés para profesorado non especialista |
25
|
Francia (2 semanas)
|
3.5. Lingua portuguesa |
10
|
Portugal (2 semanas)
|
3.6. Lingua alemá |
5
|
Alemaña (2 semanas)
|
|
350
|
Prazas
|