Máis de 146.500 estudantes de ESO, bacharelato e de ensinanzas de réxime especial comezarán o curso 2016/2017 este xoves 15 de setembro

A matriculación mantense en porcentaxes similares a anos anteriores, á espera dos datos definitivos

A estes datos aínda habería que sumar o alumnado da FP, ensinanzas nas que a matrícula aínda non se pechou

Mar, 13/09/2016 - 10:11

Un total de 146.587 estudantes comezarán este xoves, 15 de setembro,  as clases na educación secundaria obrigatoria (ESO), bacharelato, e ensinanzas de réxime especial (ensinanzas para adultos, artísticas e deportivas), segundo os datos provisionais recompilados polos servizos estatísticos da Consellería de Cultura e Educación. Cómpre lembrar que as cifras de matriculación non serán definitivas ata dentro dunhas semanas, dado que aínda nos últimos días se realizaron exames de recuperación en secundaria. De feito, neste total non se contempla o alumnado de FP, ensinanzas nas que aínda é posible matricularse.

ESO

Segundo as estimacións e datos provisionais da Xunta de Galicia, 89.940 alumnos e alumnas comezarán o curso en ESO, o que supón un 0,5% máis ca no curso 2015/2016.

Por tipo de centros e por provincias queda do seguinte modo:

 

Centros públicos

Centros privados concertados

Centros privados non concertados

A Coruña

26.646 alumnos

9.313 alumnos

824 alumnos

Lugo

6.934 alumnos

1.904 alumnos

197 alumnos

Ourense

5.706 alumnos

2.891 alumnos

198 alumnos

Pontevedra

24.252 alumnos

10.486 alumnos

589 alumnos

Total

63.538 alumnos

24.594 alumnos

1.808 alumnos

Nesta etapa educativa o alumnado non nacionalizado español diminuíu un 9,8% respecto do curso anterior.

 

    2015/2016

   2016/2017

A Coruña

1.131 alumnos

1.016 alumnos

Lugo

531 alumnos

513 alumnos

Ourense

378 alumnos

339 alumnos

Pontevedra

1.086 alumnos

 950 alumnos

Total

3.126 alumnos

2.818 alumnos

Bacharelato ordinario

Por outra banda os mesmos datos provisionais que manexa a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, indican que 31.632 alumnos e alumnas comezarán o luns as clases de bacharelato ordinario en Galicia, o que supón un 1,5% máis ca no curso 2015/2016.

 

Centros públicos

Centros privados non concertados

A Coruña

11.113 alumnos

2.437 alumnos

Lugo

3.100 alumnos

219 alumnos

Ourense

2.396 alumnos

600 alumnos

Pontevedra

10.154 alumnos

1.613 alumnos

Total

26.763  alumnos

4.869 alumnos

No caso do bacharelato ordinario o número de alumnos e alumnas sen nacionalidade española a diferenza respecto do ano paso é dun 3,1% estudantes máis:

 

2013/2014

2014/2015

A Coruña

235 alumnos

242 alumnos

Lugo

89 alumnos

92 alumnos

Ourense

55 alumnos

57 alumnos

Pontevedra

232 alumnos

239 alumnos

Total

611 alumnos

630 alumnos

Ensinanzas de réxime especial

No que atinxe ás ensinanzas de réxime especial, en concreto no referido ás básicas, de secundaria e bacharelato para adultos e ao bacharelato semipresencial ou a distancia, segundo os datos provisionais o descenso do alumnado, ata os 13.568 estudantes, é do 3,5% respecto do curso 15/16.

A distribución por provincias e ensinanzas no curso 16/17 é a seguinte:

 

A Coruña

Lugo

Ourense

Pontevedra

Total

Ensinanzas básicas nivel I

142 alumnos

84 alumnos

42 alumnos

260 alumnos

 528 alumnos

Ensinanzas básicas nivel II

168 alumnos

48 alumnos

34 alumnos

242 alumnos

492 alumnos

Ed. Secundaria adultos niveis I e II

2.224 alumnos

571 alumnos

568 alumnos

2.504 alumnos

5.867 alumnos

Bacharelato presencial

980 alumnos

146 alumnos

245 alumnos

798 alumnos

2.169 alumnos

Bacharelato semipresencial/distancia

2.631 alumnos

557 alumnos

417 alumnos

907 alumnos

4.512 alumnos

Pola súa banda, o número de estudantes nas ensinanzas artísticas e deportivas acada este curso os 11.447, un 0,6% máis ca no curso anterior.  En ensinanzas regradas de música, segundo as estimacións da Consellería, o alumnado será de 8.682 alumnos, un 0,1% máis ca no ano académico 15/16:

 

A Coruña

Lugo

Ourense

Pontevedra

Total

Conservatorios de música e Centros autorizados de música

3.508 alumnos

1.184 alumnos

904 alumnos

3.086 alumnos

8.682 alumno

No caso das ensinanzas regradas de danza o número de matriculados é de 353, un 1,4% máis ca no curso 15/16; mentres que nas de arte dramática haberá 150 alumnas e alumnos, un 7,5% menos ca no ano académico anterior.

Así mesmo o alumnado matriculado en ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño medra un 1,4% ata chegar aos 666 estudantes. Por outra banda, nos estudos superiores de deseño haberá 720 matriculados, un 1,5% menos ca no curso anterior; mentres que nos estudos superiores de conservación e restauración de bens culturais haberá 70 alumnos, 16 menos ca no 15/16. No caso das ensinanzas deportivas o incremento  de alumnado é do 12,7%, acadando os 806 alumnos.

Formación Profesional

No caso da Formación Profesional – non incluída nos devanditos 146.587  estudantes- a Consellería está aínda a pechar os datos de matriculación, que serán difundidos en datas próximas. Aínda así, a previsión inicial realizada polo departamento educativo da Xunta de Galicia é que – contando tanto os ciclos formativos en réxime ordinario e modular como a FP a distancia, o segundo curso dos Programas de Cualificación Profesional Inicial, a FP Dual e a nova FP Básica- o número de alumnas e alumnos ascenda a máis de 50.627, o que suporía un incremento do 2,1% respecto do curso 15/16.

Centros escolares

Os centros (públicos, concertados e privados) que imparten as devanditas ensinanzas quedan distribuídos do seguinte xeito:

 

A Coruña

Lugo

Ourense

Pontevedra

Galicia

Educa. Primaria e Secundaria (1)

54

25

22

67

168

C. de ESO

16

3

2

16

37

C. de ESO e ensinanzas postobrigatorias

84

35

25

71

215

C. de ensinanzas postobrigatorias

48

15

14

32

109

C. de primaria, ESO e  ensinanzas postobrigatorias (1)

33

3

6

25

67

C. de adultos (2)

0

1

1

2

4

 

  1. Inclúense os centros que imparten tamén o segundo ciclo de educación infantil.
  2. Inclúense nesta categoría os centros que imparten exclusivamente ensinanzas de adultos