Instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño para o curso 2016/2017

Lun, 13/06/2016 - 09:18

Xúntase a Resolución do 31 de maio 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño para o curso 2016/17.

  • O prazo para a inscrición comprende desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no DOG ata o día 20 de xuño para os ciclos de grao superior e ata o 26 de xullo para os ciclos de grao medio