Román Rodríguez pon o acento na importancia da xeografía como fórmula para entender o mundo de xeito transversal

O conselleiro de Cultura e Educación asistiu á sinatura do convenio entre a USC e IYGU con motivo da celebración do Ano Internacional do Entendemento Global

Ven, 29/04/2016 - 12:50
O conselleiro de Cultura e Educación asistiu á sinatura do convenio entre a USC e IYGU con motivo da celebración do Ano Internacional do Entendemento Global
O conselleiro de Cultura e Educación asistiu á sinatura do convenio entre a USC e IYGU con motivo da celebración do Ano Internacional do Entendemento Global

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, puxo está mañá o acento na importancia da xeografía como fórmula para entender o mundo de xeito transversal, desde o plano local ao global. Así o destacou con motivo da sinatura do convenio entre a USC e IYGU (International Year of Global Understanding), onde tamén subliñou a necesidade de comprender os problemas locais para poder solucionar e enfrontarse aos grandes desafíos actuais e futuros. 

O acordo de colaboración, que se enmarca dentro da conmemoración do Ano Internacional do Entendemento Global –impulsado pola UNESCO– foi asinado polo reitor da USC, Juan Viaño; e o profesor da Universidade de Jena (Alemaña) e director executivo do IYGU, Benno Werlen, na Facultade de Xeografía e Historia. Así mesmo, un grupo de catro alumnas do IES Pedra da Auga de Ponteareas realizaron unha representación multilingüe xunto co seu profesor, Xabier Prado, e a Coordenadora das Escolas UNESCO en Galicia, Luisa Márquez.

Neste marco, o titular do departamento educativo da Xunta de Galicia reivindicou o estudo da xeografía, que axuda a realizar unha axeitada translación do local ao global. De feito, este proxecto xurdiu na Unión Xeográfica Internacional (UGI).

Santiago, Centro de Acción Rexional

Todas as actividades deste ano conmemorativo están coordinadas por cerca de 50 Centros de Acción Rexional, entre os cales destacan cidades como Tokio, Washington, Moscú ou Atenas. Santiago súmase, por tanto, ás urbes implicadas neste proxecto global, a través do que se busca dar resposta aos desafíos ambientais, sociais ou económicos da sociedade actual.