Título node Learning object

Manaia: "Decálogo escola e adopción"
Mar, 08/03/2016 - 13:40
Manaia

Manaia é unha asociación galega de axuda á adopción, fundada en xuño de 2006 por iniciativa dun grupo de familias adoptantes en Galicia.

Manaia xorde co obxectivo de ser un punto de encontro próximo, de opinión, información e apoio para todas aquelas persoas que realizasen ou estean a emprender o camiño da adopción desde Galicia. Igualmente constitúese co próposito de promover a convivencia dos nenos adoptados e as súas familias.

O obxectivo principal de Manaia é promover accións e melloras no proceso de adopción desde Galicia, tanto a nivel de adopción nacional como internacional. Entre os seus obxectivos atópanse:

  • Facilitar ás familias adoptantes todo tipo de información, apoio e asesoramento sobre o proceso de adopción
  • Facilitar os contactos entre as familias adoptantes e organizar encontros entre todas as familias
  • Traballar na mellora do proceso de adopción
  • Contribuír a que se transmita á sociedade, desde todos os ámbitos, unha correcta imaxe da adopción e a súa problemática
  • Promover a convivencia multicultural dos nenos adoptados e as súas familias