Axudas complementarias ao programa comunitario de mobilidade Erasmus e Suíza para o curso académico 2010/2011

Ven, 10/12/2010 - 10:55

Orde do 30  de novembro de  2010  pola que se aproban as bases que rexerán o concurso público de axudas complementarias ao programa comunitario de mobilidade Erasmus e Suíza e se anuncia a súa convocatoria para o curso académico 2010/2011.

Convócanse, en réxime de concorrencia competitiva, axudas complementarias ao programa Comunitario de mobilidade Erasmus e Suíza, destinadas aos  estudantes universitarios matriculados nunha das tres universidades públicas galegas, ou nos centros asociados da UNED en Galicia, durante o curso 2010/2011, nunha titulación de carácter oficial e validez nacional conducente a obtención do título universitario oficial de grao, licenciado, arquitecto, enxeñeiro, diplomado, mestre, arquitecto técnico e enxeñeiro técnico .

 Requisitos: Poderán solicitar estas axudas os alumnos universitarios que cumpran os seguintes requisitos:

a) Estar matriculado no curso 2010-2011 en calquera das universidades públicas desta comunidade autónoma  ou nos centros asociados da UNED en Galicia.

b) Cursar estudos universitarios de carácter oficial e validez nacional conducentes aos títulos universitarios de grao, licenciado, arquitecto, enxeñeiro, diplomado, mestre, arquitecto técnico e enxeñeiro técnico .

c) Ter concedida unha bolsa do programa Comunitario  Erasmus, ou do Goberno de Suíza.

d) Non ter gozado desta bolsa complementaria  en convocatorias anteriores.

 

Período de solicitude:

O prazo de presentación de solicitudes será dende 11 de decembro de 2010 ata o 10 de xaneiro de 2011.