Título node Learning object

Xornadas para o fomento das vocacións STEM en Galicia
Ven, 29/01/2016 - 12:20
Logo STEM

O venres 26 de febreiro de 2016 celebraranse no CIFP Compostela en Santiago de Compostela as "Xornadas para o fomento das vocacións STEM en Galicia" destinada a profesorado de educación primaria e secundaria de Galicia interesados en traballar ferramentas que motiven ao alumnado cara a posteriores estudos de ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas ademais de dar unha visión sobre a metodoloxía para o fomento destas vocacións.

 

 

 

 

 

 

As iniciativas que se mostrarán nesta xornada serán:

  • Desafío STEM (Competición da Fundación Telefónica)
  • Obradoiros sobre Arduino, Scratch e Realidade virtual
  • Actividades de motivación en competencias STEM
  • Exposición de propostas para realizar co alumnado na aula

Para apuntarse pódese acceder a Fprofe co código da actividade G1502028.