Santiago acolle a reunión do proxecto europeo ‘Parentnets’ sobre os riscos de internet entre o alumnado, coordinado pola Consellería de Cultura e Educación

Trátase dun programa educativo pioneiro no que participan socios de Irlanda, Bélxica, Portugal, Romanía e España a través de Galicia e Cataluña

O conselleiro Román Rodríguez saudou aos expertos que debaten sobre o uso das redes sociais e os riscos que implica para os xoves

Mar, 01/12/2015 - 17:56
Santiago acolle a reunión do proxecto europeo ‘Parentnets’ sobre os riscos de internet entre o alumnado, coordinado pola Consellería de Cultura e Educación
Santiago acolle a reunión do proxecto europeo ‘Parentnets’ sobre os riscos de internet entre o alumnado, coordinado pola Consellería de Cultura e Educación

Un grupo de expertos internacionais afondan desde onte en Santiago sobre o proxecto europeo ‘Parentnets’, unha iniciativa financiada polo programa  Erasmus + que ten como principal obxectivo formar a pais, nais e profesores no eido das redes sociais e o seu uso por parte dos xoves. Galicia –a través do departamento de Educación– é a encargada de coordinar este proxecto europeo no que participan Irlanda, Bélxica, Portugal, Romanía e España a través da nosa comunidade e de Cataluña. De feito, hai un ano xa se celebrara tamén na cidade compostelá a primeira das reunións preparatorias deste proxecto.

Precisamente o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, achegouse esta mañá ao Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega), onde se celebra o encontro, para saudar aos participantes e coñecer de primeira man os avances dunha iniciativa que ten como obxectivo afondar sobre os riscos de internet para os menores.

‘Parentnets’ é un proxecto integrado por institucións de sete países e que en España se encarga de coordinar a Consellería de Cultura e Educación a través da Dirección Xeral de Educación, FP e Innovación. Trátase dunha iniciativa innovadora que vén a cubrir un eido neste ámbito a nivel comunitario, xa que ata o de agora non existían accións concretas enfocadas á educación dos adultos a este respecto.

Deste xeito, ‘Parentnets’ céntrase no uso das novas tecnoloxías por parte dos menores e trata de facer especial fincapé na detección e prevención dos riscos que poden representar para os mais novos. Está dirixido, sobre todo, a pais e nais de calquera país europeo con pouco o nulo manexo das novas tecnoloxías, e a profesores de primaria ou secundaria interesados en utilizar a seguridade en internet como materia transversal na educación dos seus alumnos.

Manual e xogo multimedia dispoñibles en cinco idiomas

Os principais resultados deste proxecto plasmaranse nun manual e nun xogo multimedia que contribúan á prevención e solución dos posibles riscos que poidan derivarse do mal uso da Internet por parte de nenos e adolescentes. Estes materiais estarán dispoñibles en cinco idiomas: español, inglés, romanés, portugués e galego.

Menús News node R

Colectivo