Fondo Social Europeo 2014-2020 – Novos itinerarios de 3º e 4º curso da ESO
A implantación dos novos itinerarios de 3º e 4º curso da Educación Secundaria Obrigatoria será cofinanciada polo Fondo Social Europeo (FSE), no marco do obxectivo temático 10 “Investir en educación, formación e formación profesional para a adquisición de capacidades e unha aprendizaxe permanente”.
Trátase dunha medida esencial para reducir a taxa de abandono escolar temperá.
A achega do FSE recóllese no eixo 3 do Programa Plurirrexional de Emprego, Formación e Educación do período de programación 2014-2020, xestionado polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.
Encádrase na prioridade 10.1 e no obxectivo 10.1.1: “Reducir o número de alumnos e alumnas que abandonan de forma temperá o sistema educativo que participan na Formación Profesional e nos novos itinerarios da Educación Secundaria Obrigatoria”.
A actuación é a 10.1.1.2: “Anticipación e novos itinerarios en 3º e 4º da ESO.
Con estes fondos fináncianse os gastos de profesorado e os custos indirectos. A taxa de cofinanciamento do FSE é do 80% deses gastos.
Normativa
- Regulamento (UE) Nº 1304/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, de 17 de decembro de 2013, relativo ao Fondo Social Europeo.
- Regulamento (UE) Nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, de 17 de decembro de 2013, polo que se establecen disposicións común relativas ao FEDER, FSE. Fondo de Cohesión, FEADER, FEMP.
- Regulamento delegado (UE) Nº 480/2014 da Comisión, de 3 de marzo de 2014, que complementa o Regulamento (UE) Nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello.
- Instrucións da Autoridade de Xestión sobre aplicación de baremos estándar de custes unitarios na formación impartida no ámbito da educación. Unidade Administradora do FSE. 29-11-2012.
Documentos de programación e xestión
- Documento de programación, seguimento, verificación e certificación de operacións de novos itinerarios de 3º e 4º da ESO. Curso 2015-2016. Condicións da axuda FSE para as operacións. P.O. de Emprego, Formación e Educación, FSE 2014-2020.
- Manual de Xestión
- Baremo para calcular os gastos dos itinerarios de 3º e 4º da ESO
- Baremo curso 2016-2017
Operacións seleccionadas
- Curso 2015-2016
- Curso 2016-2017
- Curso 2017-2018
Información e comunicación
Medidas para cumprir coas obrigas en materia de difusión e publicidade:
- Informar, deixando constancia material, ao profesorado e ao alumnado afectado sobre o cofinanciamento das horas lectivas das materias dos novos itinerarios de 3º e 4º, nos centros que foron seleccionados na operación;
- Poñer nos taboleiros de anuncio do centro educativo e na súa páxina web, se a tiver, o cartel anunciando a axuda do FSE nos itinerarios de 3º e 4º da ESO;
- Na documentación relacionada coas operacións a cofinanciar, inclúase o emblema da Unión europea, a referencia ao Fondo Social Europeo e a lenda "O FSE inviste no teu futuro". Tamén se recomenda incluír a referencia ao Programa Operativo de Emprego, Formación e Educación. O emblema da Unión debe seguir as normas gráficas recollidas no Anexo II do Regulamento de Execución (UE) 821/2014.
- Distribuír entre o alumnado e o profesorado o tríptico sobre os novos itinerarios;
Documentos:
- Guía de publicidade e información das intervencións en educación do Programa Operativo de Emprego, Formación e Educación, FSE 2014-2020.
- Visibilidade das políticas de cohesión: Normas de información e comunicación 2014-2020
- Cartel para expor nos centros.
- Tríptico.
- Exemplos de logotipos