Proposta de concesión de bolsas destinadas aos estudantes universitarios que participan en programas de mobilidades con países extracomunitarios no curso 2015/2016
Mar, 20/10/2015 - 10:39
De acordo co establecido nas bases da convocatoria, a Comisión Avaliadora acordou, con data 16 de outubro de 2015, elevar ao conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a seguinte proposta de concesión de bolsas destinadas aos estudantes universitarios que participan en programas de mobilidades con países extracomunitarios no curso 2015/2016. Esta listaxe faise pública exclusivamente a efectos informativos.
Proximamente publicarase no Diario Oficial de Galicia a correspondente orde de resolución.