O conselleiro de Educación recibe a invitación para a celebración do XXV aniversario do IES Arcebispo Xelmírez II

Xov, 18/11/2010 - 14:46
O conselleiro de Educación recibe a invitación para a celebración do XXV anivers
O conselleiro de Educación recibe a invitación para a celebración do XXV aniversario do IES Arcebispo Xelmírez II

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, mantivo esta mañá un encontro co director do IES Arcebispo Xelmírez II, José Luis Martín Iglesias, que lle fixo entrega da invitación para os actos de celebración do XXV do centro santiagués, que se desenvolverán o vindeiro 25 de novembro.

No encontro, que tivo lugar en San Caetano, tamén estiveron presentes o director xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería, José Manuel Pinal e o que fora director do instituto durante 18 anos, José Luis Hospido.