Preto de 90.000 alumnos galegos terán este curso un ensino plurilingüe en centros sostidos con fondos públicos ao abeiro do plan de potenciación das linguas estranxeiras da Xunta
A Rede de Centros Plurilingües rexistra 36 incorporacións, coas que acada os 257 centros
O departamento educativo da Xunta de Galicia autorizou ademais a extensión deste modelo á etapa do Bacharelato en 4 centros de ensino
Así mesmo, autorizáronse 407 novas seccións bilingües
Preto de 90.000 alumnas e alumnos galegos terán este curso 2015/2016 un ensino plurilingüe en centros sostidos con fondos públicos ao abeiro do Plan de Potenciación das Linguas Estranxeiras posto en marcha polo actual Goberno da Xunta; o que supón un incremento do 6,2% respecto do 2014/2015. Así se desprende das resolucións definitivas da convocatoria de redes de Centros Plurilingües e Seccións Bilingües publicadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
O departamento dirixido por Román Rodríguez incorporará este ano un total de 36 novos centros á Rede de Plurilingües, ata sumar un total de 257. Ademais, outros 5 centros de que tiñan este modelo educativo (combinando galego, castelán e unha lingua estranxeira, ata chegar cada unha delas a un terzo do horario lectivo) en Primaria pasan a incorporalo á etapa de ESO. Trátase do CPR Plurilingüe Montegrande (Coruña), do CPR Plurilingüe María Auxiliadora (Ourense), CPR Plurilingüe Divino Maestro (Ourense), do CPR Plurilingüe Escuelas Nieto (Vigo) e do CPR Plurilingüe Barreiro (Vigo).
A maiores dos 5 mencionados, e segundo os datos provisionais de admitidos, dos centros de nova incorporación 17 son da provincia da Coruña, 4 de Lugo, 1 de Ourense e 14 de Pontevedra.
Provincia da Coruña:
CPR Nosa Señora del Carmen |
Betanzos |
CPR Santa María del Mar |
A Coruña |
CPR Fogar de Santa Margarida |
A Coruña |
CPR Jorge Juan |
Fene |
CPR Compañía de María |
Ferrol |
CPR Valle Inclán I |
Ferrol |
CPI Cabo da Area |
Laxe |
CPI Virxe da Cela |
Monfero |
CPR Galaxia |
Ribeira |
CPR Bayón |
Ribeira |
CPR Juventud |
Santiago |
CPR Vilas Alborada |
Santiago |
CEIP Xacinto Amigo Lera |
Val do Dubra |
CEIP O Ramo |
Fene |
CEIP Virxe do Mar |
Narón |
IES Pedra da Aguia |
Camariñas |
CEIP O Graxal |
Cambre |
Provincia de Lugo:
CPR Cervantes |
Lugo |
CEIP San Miguel |
Paradela |
CEIP Virxe do Carme |
Sober |
CEIP de Monterroso |
Monterroso |
Provincia de Ourense:
CEIP Curros Enríquez |
Celanova |
Provincia de Pontevedra:
CPR Virxe Milagrosa |
Bueu |
CPR San Fermín |
Caldas de Reis |
CEIP Castrelo |
Cambados |
CPR Padres Somascos |
A Guarda |
CEIP Domaio |
Moaña |
CEIP San Benito de Lérez |
Pontevedra |
CEIP A Florida |
Sanxenxo |
CEIP Ramón y Cajal |
Vigo |
CPR Niño Jesús de Praga |
Vigo |
CPR Possumus |
Vigo |
CEIP de Meaño-As Covas |
Meaño |
CEIP da Espiñeira-Aldán |
Cangas |
CEP Xosé Ferrol Couselo |
Valga |
IES Terra de Turonio |
Gondomar |
Plurilingüismo no Bacharelato
Ademais dos devanditos, 4 centros ampliarán o plurilingüismo a Bacharelato (novidade deste ano): IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas (Perillo, A Coruña), IES Plurilingüe Eusebio da Guarda (A Coruña); do CPR Plurilingüe Montecastelo (Vigo), e do CPR Plurilingüe Las Acacias (Vigo).
Seccións bilingües
Finalmente, a Consellería de Cultura e Educación vén de publicar a resolución provisional pola que se aproban 407 novas seccións bilingües para o curso 2015/2016, ata chegar a un total de 3.630 en toda Galicia. Por provincias, haberá 175 novas seccións nos centros educativos da provincia da Coruña, 34 en Lugo, 45 en Ourense e 153 en Pontevedra.