A política e a planificación lingüísticas centran o seminario impartido polo recoñecido profesor Thomas Ricento

A Secretaría Xeral de Política Lingüística promoveu esta xornada, que tivo lugar na Escola Galega de Administración Pública, en Santiago de Compostela

Lun, 08/11/2010 - 13:15
Anxo Lorenzo na presentación do seminario
Anxo Lorenzo na presentación do seminario

O profesor Thomas Ricento afondou na política e na planificación lingüísticas no seminario que vén de impartir na Escola Galega de Administración Pública, en Santiago de Compostela. Baixo o título “Política e planificación lingüísticas de arriba a abaixo e de abaixo a arriba: perspectivas de análise e casos de estudo”, o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, presentou a intervención de Ricento, quen enfocou a temática desde a experiencia canadense.

A Secretaría Xeral de Política Lingüística promoveu a organización deste seminario como un espazo de reflexión sobre os enfoques da política e da planificación lingüísticas, dirixido aos profesionais, docentes, estudosos e interesados nesta materia.

O recoñecido profesor Thomas Ricento, xefe do Departamento de Inglés como Lingua Adicional na Universidade de Calgary (Canadá), conta, entre os seus traballos, con obras como Americanization and ideologies of language, An introduction to language policy: Theory and method ou Ideology, politics, and language policies: Focus on English.

Menús News node R

Colectivo

Tema