Elaboración de disposicións administrativas de carácter xeral
Para dar cumprimento ao disposto no artigo 9 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega e ao disposto no artigo 41 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, publícase a relación dos proxectos das disposicións administrativas de carácter xeral que están en tramitación.
Título das disposicións:
- Proxecto de Decreto polo que se establecen as ensinanzas artísticas superiores de Arte Dramática, reguladas no Real decreto 630/2010, do 14 de maio, na Comunidade Autónoma de Galicia.
- Proxecto de Decreto polo que se establecen as ensinanzas artísticas superiores de Música, reguladas no Real decreto 631/2010, do 14 de maio, na Comunidade Autónoma de Galicia.
- Proxecto de Decreto polo que se establecen as ensinanzas artísticas superiores de Deseño, reguladas no Real decreto 633/2010, do 14 de maio, na Comunidade Autónoma de Galicia.
- Proxecto de Decreto polo que se establecen as ensinanzas artísticas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais, reguladas no Real decreto 635/2010, do 14 de maio, na Comunidade Autónoma de Galicia.
Obxecto:
- Establecer o plan de estudos das ensinanzas artísticas superiores de Arte Dramática, ao abeiro do disposto no Real decreto 630/2010, do 14 de maio, polo que se regula o contido básico das ensinanzas artísticas superiores de Arte Dramática establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.
- Establecer o plan de estudos das ensinanzas artísticas superiores de Música, ao abeiro do disposto no Real decreto 631/2010, do 14 de maio, polo que se regula o contido básico das ensinanzas artísticas superiores de Música establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.
- Establecer o plan de estudos das ensinanzas artísticas superiores de Deseño, ao abeiro do disposto no Real decreto 633/2010, do 14 de maio, polo que se regula o contido básico das ensinanzas artísticas superiores de Deseño establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.
- Establecer o plan de estudos das ensinanzas artísticas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais, ao abeiro do disposto no Real decreto 635/2010, do 14 de maio, polo que se regula o contido básico das ensinanzas artísticas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.
Estado de tramitación: Fase final da Lei 16/2010.
Calquera proposición, suxestión ou recomendación relativa a este proxecto poderá remitirse ao seguinte enderezo electrónico: xsere@edu.xunta.es
Proxecto de Decreto polo que se establecen as ensinanzas artísticas superiores de Arte Dramática Proxecto de Decreto polo que se establecen as ensinanzas artísticas superiores de Música Proxecto de Decreto polo que se establecen as ensinanzas artísticas superiores de Deseño Proxecto de Decreto polo que se establecen as ensinanzas artísticas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais