Título node Learning object

Xermoliño
Xov, 13/08/2015 - 14:23
[actualizado o 02/03/2016]
 

Ficha técnica

Proxecta

Institución:

  • Consellería de Sanidade
    • Servizo de Estilos de Vida Saudable e Educación para a Saúde

Ámbito: saúde / alimentación
Definición: promoción da alimentación saudable a través da adquisición de pautas de consumo responsable.
Temporización: curso completo.
Alumnado ao que vai dirixido: primaria
Límite de centros participantes: sen límite.
Criterios de selección:

  • Centros pertencentes a concellos participantes no Plan Xermola (AC: Cambre, Fene; LU: Friol, Quiroga; OU: Celanova, Ribadavia, Verín; PO: A Guarda, Lalín e Poio).

Criterios de exclusión:

  • Centros non pertencentes a concellos participantes no Plan Xermola.

Responsable do programa:

Nome: José Juan Pérez Boutureira
Departamento: Servizo de Estilos de Vida Saudables e Educación para a Saúde.
Teléfono: 881 548 676
Correo electrónico: jose.juan.perez.boutureira@sergas.es

Xustificación

A obesidade infantil estase a converter nun serio problema de saúde pública xa que se asocia na idade adulta cunha maior mortalidade por factores de risco cardiovascular. No marco do Plan Galego para a prevención da obesidade infantil (Plan Xermola) contemplase a posta en marcha de equipos multidisciplinares no ámbito municipal co obxectivo de levar a cabo as distintas intervencións contempladas no plan.

Obxecto xeral

Preténdese que os centros participantes traballen nun proxecto formado por actividades encamiñadas á promoción da alimentación saudable en alumnado de educación primaria, co obxectivo de avaliar o impacto das diferentes iniciativas.

Palabras clave

Consumo responsable. Hábitos de vida saudable. Obesidade infantil.

Actividades e recursos

  • Formación presencial para os docentes participantes (aberto a outros docentes interesados na nutrición):
    • código: G1503098
    • título: A oferta alimentaria no ámbito escolar. Estratexias de traballo do Plan Xermola
    • temporalización: 28/01/2016  -  29/04/2016
    • duración: 8 h presenciais + 2 h en rede
    • lugar: CAFI
    • prazas: 30
    • contido:
      1. O programa Xermolón: xustificación, obxectivos, programación e planificación
      2. Nutrición e saúde. Equilibrio, adecuación, suficiencia e seguridade da dieta
      3. Obxectivos nutricionais e guías alimentarias. Etiquetas nutricionais
      4. Desenvolvemento de proxectos na aula 
  • Material divulgativo: a través da aula virtual do CAFI ofrecerase todo o material traballado no curso de formación. Poderase consultar nesta ligazón. Entre outros materiais, recóllese información sobre etiquetas nutricionais, pirámides alimentarias, menús escolares, inxestas recomendadas, publicidade nutricional, recomendacións internacionais sobre nutrición infantil, documentación de referencia da estratexia NAOS, documentación de referencia da Organización Mundial da Saúde e, por suposto, documentación de referencia do Plan Xermola.

Menús Learning object node R