Título node Learning object
Ficha técnica
Institucións responsables:
- Presidencia da Xunta de Galicia
- Secretaría Xeral para o Deporte
- Fundación Deporte Galego
Ámbito: saúde / actividade física
Definición: valoración da condición física para a saúde e realización de actividades de promoción da vida activa e saudable.
Temporización: curso completo
Alumnado ao que vai dirixido: primaria, ESO e bacharelato
Centros: públicos e concertados
Límite de centros participantes: 50 centros
Criterios de selección:
Priorizara a selección dos distintos colectivos:
- Centros que actualmente xa estean participando no programa DAFIS.
- Centros con profesorado co curso DAFIS realizado en calquera das convocatorias realizadas.
- Centros participantes en PDC no curso 2014-2015 e coa memoria validada.
- Centros participantes nalgún outro dos programas de promoción de vida activa (MMAF, MOVETE+, XOGADE) no curso 2014-2015.
Completarase a selección cos seguintes criterios:
- Adecuación do proxecto á finalidade, aos obxectivos e aos contidos do programa.
- Calidade do proxecto presentado.
Responsable do programa:
Nome: Miguel Rodríguez del Corral
Departamento: Fundación Deporte Galego
Teléfono: 881 996 376
Correo electrónico: miguel.rodriguez.corral@xunta.es
Xustificación e obxectivo xeral
Os protocolos de valoración da condición física saudable contemplados en DAFIS pretenden medir aquelas cualidades físicas e psicomotoras que está demostrado cientificamente que gardan relación coa saúde e permite coñecer en qué estado físico se atopa a persoa para decidir cales son os aspectos que precisan mellorar e cales non. Esta valoración é fundamental para coñecer e facer un seguimento dos seus valores de condición física, a partir dos cales poder deseñar actuacións adaptadas ás súas necesidades.
Palabras clave
Actividade física. Hábitos de vida saudable.
Obxectivos específicos
PARA O ALUMNADO
- Valorar a Condición Física para a saúde do alumnado participante.
- Realización de enquisas de hábitos de actividade física, exposición dos resultados (murais, presentación, etc), programación de actividades físico deportivas para mellorar os resultados das avaliacións, etc.
PARA O PROFESORADO
- Analizar os resultados das estatísticas e informes (automáticos a través da plataforma on-line), e a súa relación co grado de saúde do alumnado.
Formación
O profesorado dos centros seleccionados recibirán formación específica sobre DAFIS (test e protocolos) e de como utilizar a plataforma en liña de obtención de datos e informes.
Temporización
A temporización abarca todo o curso escolar.
Actividades e recursos
- Formación do profesorado:
Referencia: G1502017 Curso de formación da Plataforma DAFIS. Protocolos e test de valoración e utilización da plataforma on-line
Centro de formación e recursos: CAFI
Modalidade: mixta (presencial e en rede)
Temporalización: 21/11/2015 - 30/11/2015
Data límite de inscrición: 17/11/2015
Lugar: CIFP Politécnico de Santiago (Santiago de Compostela)
Prazas: 30
Horas: 5 presenciais + 3 en rede - Material didáctico: Os centros seleccionados recibirán o material específico para a realización das probas de valoración. Este material rotará entre todos os centros participantes neste programa, non quedando en posesión de cada centro.
- Recursos web de promoción de actividade física:
- Plataformas-web: DAFIS (datos de actividade física saudable a tr
avés da valoración da condición física): dafis.xunta.es - Plataforma de Eventos de Galicia Saudable (ferramenta de xestión de eventos de actividade física): http://galiciasaudable.xunta.gal/portada
- Mapa de recursos xeorreferenciados Galicia Activa: galiciactiva.xunta.es
- Plataformas-web: DAFIS (datos de actividade física saudable a tr