O congreso anual de ANPE Coruña 2010 será clausurado polo director xeral de Educación e Formación profesional
Nesta edición a temática do encontro xirou en torno ao recoñecemento da autoridade do docente, como unha necesidade social e educativa
O congreso anual de ANPE Coruña contou na actual edición coa presenza de representantes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
O encontro foi clausurado polo director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, José Luis Mira. Na súa intervención destacou que “neste Congreso Anual de ANPE Coruña 2010 tomáronse decisións importantes que, sen dúbida, van marcar a traxectoria dos nosos docentes de cara ao futuro”, unhas conclusión que, como destacou José Luis Mira “a Consellería de Educación, está moi interesada en recibir, para telas en consideración á hora de facer políticas relacionadas con estes temas, xa que a participación dos docentes son fundamentais”.
O director xeral tamén sinalo que “a educación é o verdadeiro indicador da marcha de unha sociedade, é a inversión máis segura para saír da crise. Todos estamos convencidos de que o futuro pasa pola educación. Da capacidade que teñamos de afrontar os retos da educación dependerá finalmente a mellora da competitividade, e o benestar económico dos nosos cidadáns. Cremos firmemente na importancia da educación para facer efectiva a igualdade de oportunidades, e por considerala a mellor ferramenta de progreso e cambio para a sociedade”.
As intervencións
O encontro foi inaugurada na mañá de hoxe pola xefa territorial de Educación en A Coruña, María Teresa Villaverde Pais. Tras ela interveu a vicepresidenta nacional de ANPE, Carmen Guaita Fernández, que falou sobre a importancia de “Recoñecer a autoridade do docente, unha necesidade social e educativa”. No encontro tamén participou o presidente autonómico de ANPE, Julio Dïaz Escolante, que falou de “A situación actual en Galicia”, da educación.
Ao longo da xornada todos os relatorios xiraron en torno a situación actual do docente, que sufriu numerosos cambios debido ás variacións na sociedade, que ao seu tempo obrigan a unha constante adaptación dos profesores as realidades que se están a vivir.