Publícase o método de lectoescritura "Nahono" (Nós) dirixido ao alumnado inmigrante de lingua árabe
Lun, 25/10/2010 - 13:07
NAHONO é un método de lectoescritura para persoas inmigrantes de lingua árabe, elaborado por profesorado do centro público EPA con sede no centro penitenciario de Monterroso. Este método foi seguido e utilizado con proveito por moitos alumnos dese centro durante varios cursos escolares. Trátase, polo tanto, dun material experimentado na práctica docente e froito da experiencia de varios anos.
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ofrece agora este material ao profesorado de persoas adultas de toda a comunidade autónoma que atende alumnado procedente dos países de lingua árabe.