Resolución da concesión das axudas a estudantes universitarios para estadías nalgún Estado membro da Unión Europea, durante o verán de 2015, co obxecto de coñecer a lingua dese país
Xúntase a Orde do 17 de xullo de 2015 pola que se fai pública a resolución do concurso público de axudas a estudantes universitarios para estadías nalgún Estado membro da Unión Europea, durante o verán de 2015, co obxecto de coñecer a lingua dese país, convocadas pola Orde do 19 de marzo de 2015.
De conformidade co disposto no artigo 11 da orde da convocatoria unha vez realizado o curso os beneficiarios deberán de presentar na Secretaría Xeral de Universidades, antes do 10 de setembro de 2015, a seguinte documentación:
a) Orixinal ou copia cotexada do certificado de asistencia ao curso para o cal lle foi concedida a axuda. O certificado deberá especificar o lugar, datas de realización, duración do curso (mínimo tres semanas) e o número de horas lectivas semanais (mínimo 15 horas semanais).No caso de estar en lingua estranxeira deberá traducirse para algunha das linguas oficiais desta comunidade autónoma.
b) Orixinal ou copia cotexada da documentación acreditativa dos gastos da viaxe (billetes, aloxamento...) e do importe aboado polo curso.
Transcorrido ese prazo sen que se achegue a citada documentación, considerarase que o/a interesado/a perde o seu dereito.
Os adxudicatarios que rexeiten a bolsa deberán de achegar, nun prazo de 5 días, á Secretaría Xeral de Universidades o documento de renuncia que se atopa no seguinte enlace https://sede.xunta.es/modelos-normalizados para proceder á concesión da bolsa aos solicitantes que figuran na listaxe de suplentes.