O secretario xeral de Política Lingüística inaugura en Carballo o XI curso de verán sobre dinamización lingüística
Mér, 08/07/2015 - 18:53
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, inaugurou esta mañá en Carballo o XI curso de verán sobre dinamización lingüística "Traballando en lingua. Mudanzas e afianzamentos lingüísticos na sociedade", que organiza a Universidade da Coruña en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, co Concello de Carballo e coa CTNL.