Orde do 8 de xuño de 2015 pola que se desenvolve o Decreto 50/2015, do 26 de marzo, polo que se crea un instituto de educación secundaria no concello de Culleredo
Mar, 16/06/2015 - 11:11
Xúntase a Orde do 8 de xuño de 2015 pola que se desenvolve o Decreto 50/2015, do 26 de marzo, polo que se crea un instituto de educación secundaria no concello de Culleredo.
Por Decreto 50/2015, do 26 de marzo, créase o instituto de educación secundaria de Culleredo, por desagregación do IES Eduardo Blanco Amor da mesma localidade, con capacidade para 12 unidades de educación secundaria obrigatoria e 4 unidades de bacharelato.