O conselleiro de Cultura e Educación e os reitores formalizan a achega de máis de 12 millóns de euros ás universidades para infraestruturas científicas e equipamento tecnolóxico

Hoxe asinaron un convenio ao abeiro do que o Goberno galego asume a parte complementaria do investimento total neste material

Mér, 03/06/2015 - 10:42
conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e os reitores das universidades de Santiago de Compostela, Juan Viaño, Vigo, Salustiano Mato, e A Coruña, Xosé Luis Armesto; asinaron esta mañá un convenio de colaboración

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e os reitores das universidades de Santiago de Compostela, Juan Viaño, Vigo, Salustiano Mato, e A Coruña, Xosé Luis Armesto; asinaron esta mañá un convenio de colaboración a través do que se formaliza a achega dun investimento de máis de 12 millóns de euros para prover, manter e actualizar as infraestruturas científicas e técnicas para un uso compartido do persoal investigador e para varios proxectos que faciliten unha investigación científico-técnica de calidade nas 3 universidades públicas galegas.

Ao abeiro deste acordo, a Consellería achegará a parte complementaria - un 20%- do investimento; mentres que o 80% restante procederá das axudas que a USC, a UDC e a UVIGO obtiveron do Goberno central a través do Plan estatal de investigación científica e técnica e de innovación 2013-2016 (Plan estatal I+D+i).  Así, a Consellería de Cultura e Educación da Xunta de Galicia comprométese, a través deste convenio, a colaborar no cofinanciamento da achega económica que as 3 universidades necesitan para afrontar o custe total dos investimento subvencionados, é dicir a achegar os 2.477.275 euros para financiar a parte complementaria do investimento total. Esta actuación enmárcanse no Programa Operativo da Economía do Coñecemento dos Fondos FEDER asignados para Galicia. Nesta convocatoria dotada con 11.390.000 euros, 9.558.000 resolvéronse a favor das universidades galegas.

A contía restante, ata chegar aos máis de 12 millóns de euros, procederá das subvencións obtidas pola USC, a UDC e a UVIGO a través da Resolución do 10 de decembro de 2014 da Secretaría de Estado de Investigación, Desenvolvemento e Innovación do Ministerio de Economía e Competitividade, no marco do Subprograma de infraestruturas científicas e de equipamento do vixente Plan estatal I+D. Ao abeiro destas axudas as universidades do SUG poderán adquirir equipamento para a investigación en eidos como a Medicina, a Biomedicina, a Veterinaria, a Enxeñería Civil e Aeronáutica, entre outros.

Estas actuacións enmárcanse no Plan Galego de Investigación, Innovación e Crecemento 2011-2015 (Plan I2C) que ten por obxectivo estimular o crecemento económico e social de Galicia mediante o impulso e a consolidación do seu capital científico e tecnolóxico, favorecendo o desenvolvemento dos centros que favorezan a investigación, a innovación e a transferencia.

Supercomputación e Bugalicia

Esta actuación súmase aos máis de case 1,7 millóns de euros investidos pola Consellería para renovar o convenio coas tres universidades públicas galegas para  proporcionar ao seu persoal investigador acceso a recursos de supercomputación do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), almacenamento de datos e comunicación; e para que, a través do Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia (Bugalicia), se poña a disposición dos investigadores un abano de recursos de información científica en liña (bases de datos, revistas electrónicas e e-books.

millóns de euros ás universidades para infraestruturas científicas e equipamento tecnolóxico

O obxectivo de ambas accións é favorecer o acceso á produción científica que se está a xerar, dentro e fóra, poñendo á disposición dos investigadores unha útil ferramenta tecnolóxica: o acceso a través da rede a un alto número de recursos electrónicos de información científica.