Más del 70% de los titulados en másteres en el SUG entre 2008 y 2010 están satisfechos con la formación recibida y tres de cada cuatro volverían a cursar los mismos estudios
Los datos proceden del único que existe en España sobre la inserción laboral de quien realizan estas titulaciones, que fue realizado por la Agencia para la Calidad del Sistema Universitario de Galicia
Más del 86% de los que trabajaban en el 2013 lo hacía en Galicia
La inserción laboral superaba el 80% en el momento de realización de la encuesta
O secretario xeral de Universidades da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, José Alberto Díez de Castro, participou hoxe na presentación de resultados do ‘Estudo da inserción laboral dos titulados en Másteres no Sistema Universitario de Galicia 2007-2008, 2008-2009 e 2009-2010’, unha análise pioneira a nivel nacional neste eido. Esta nova avaliación do SUG, que é o único estudo sobre a inserción laboral destas ensinanzas, sigue ademais a estela do informe anual que a Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) fai da inserción laboral dos titulados en licenciaturas e graos, que conta coa mostra máis extensa analizada no Estado español.
O obxectivo principal deste informe é proporcionar información sobre os titulados universitarios en másteres no SUG, de xeito que os resultados acadados contribúan á mellora da calidade das ensinanzas universitarias ofertadas aos futuros estudantes. Neste sentido o secretario xeral de Universidades salientou que a empregabilidade e a promoción son fundamentais na elección da formación adicional á titulación cursada con anterioridade, pero moito máis nun momento de crise económica como o actual; de aí a importancia deste tipo de estudos.
O secretario xeral de Universidades destacou, así mesmo, a fiabilidade deste informe, cunha mostra que representa case o 77% do total da poboación obxecto; polo que felicitou á ACSUG polo laborioso e rigoroso traballo desenvolvido.
Satisfacción e inserción laboral
Segundo o estudo, máis do 70% dos titulados en másteres no SUG nos devanditos cursos manifestaron estar satisfeitos coa formación recibida, e tres de cada catro volvería a cursar a titulación.
No referido á inserción laboral dos enquisados no momento de facer a pescuda –entre maio e xuño de 2013– supera o 80%. Así, os 83,6% dos titulados en másteres no SUG no 07/08 traballaba no momento no que foi preguntado, porcentaxe que foi do 78,8% nos que o cursaron no 08/09 e do 73,7% nos que o realizaron no 09/10. Entre os que non traballan e tampouco buscaban emprego, destacan as porcentaxes de titulados que realizan outros estudos 2,8% (2007-2008), 2,8% (2008-2009) e 4,2% (2009-2010), principalmente de doutoramento ou de grao.
En canto a análise por ramas de coñecemento, destaca a elevada porcentaxe de titulados en másteres de Enxeñaría e Arquitectura –87,7% (2007-2008), 82,2% (2008-2009), 80,4% (2009-2010)– e de Ciencias da Saúde –90,2% (2007-2008), 80,8% (2008-2009), 73,3% (2009-2010)– que traballaba no momento da realización da enquisa.
Cómpre salientar, ademais, que a gran maioría dos titulados en másteres no SUG traballaba en Galicia - 80,1% (2007-2008), 89,5% (2008-2009) e 88,6% (2009-2010)- no momento da realización da enquisa, mentres que só unha reducida porcentaxe traballaba no estranxeiro, 0,7% (2007-2008), 0,6% (2008-2009) e 1,7% (2009-2010).
No referido ao salario, o intervalo que máis titulados concentra é o comprendido entre os 1001 e 1400 euros, que presenta nos 3 anos porcentaxes superiores ao 30%; seguido dos que perciben entre 1401 e 1800 euros, en torno a un 20%.
Tempo de procura de emprego
Un 96,0% (2007-2008), 96,1% (2008-2009) e 92,2% (2009-2010) dos titulados traballaron desde a finalización do máster, dos cales un 46,4% (2007-2008), 44,4% (2008-2009) e 55,2% (2009-2010)comezou nun novo emprego e un 53,6% (2007-2008), 55,6% (2008-2009), 44,8% (2009-2010) continuou no emprego que tiña antes de terminar o máster.
Neste sentido cómpre sinalar que máis do 60% dos titulados en másteres no SUG traballaban con anterioridade á realización do máster e que, deles, a grande maioría simultanearon o traballo con estes estudos.
En calquera caso, un 42,6% (2007-2008), 54,8% (2008-2009) e 58,8% (2009-2010) dos titulados en másteres no SUG que empezou nun novo emprego tras a finalización do máster tardou menos de 3 meses (2007-2008), 6 meses (2008-2009) e 6 meses (2009-2010) en atopalo.
Motivacións para realizar o máster
O motivo máis destacado para realizar estudos de máster foi complementar a formación académica para obter unha maior especialización no mercado de traballo, ampliar as saídas laborais e alcanzar un maior desenvolvemento profesional, cunhas porcentaxes de 72,4% (2007-2008), 75,5% (2008-2009) e 58,8% (2009-2010), respectivamente, para o total do SUG. Este motivo é o maioritario nas ramas de Ciencias da Saúde, Ciencias Sociais e Xurídicas e Enxeñaría e Arquitectura. Por outro lado, o motivo de complementar a formación de cara á investigación destaca na rama de Ciencias, 50,0% (2007-2008), 54,6% (2009-2010) e Artes e Humanidades cun 53,6% (2009-2010).
Datos técnicos do estudo
A recollida de información realizouse mediante enquisa telefónica asistida por ordenador a un total de 2.242 titulados, o que representa arredor dun 76,91% do total da poboación obxecto, conformada polos titulados en másteres oficiais no Sistema Universitario de Galicia correspondentes aos cursos académicos 2007-2008, 2008-2009 e 2009-2010, que estiveron matriculados nos correspondentes cursos académicos e fixeron o depósito de título ao longo dos anos 2008, 2009 e 2010.
A enquisa foi realizada entre maio e xuño de 2013, unha vez transcorridos aproximadamente 5, 4 e 3 anos, respectivamente, para cada unha das cohortes de titulados, desde que remataron estes estudos. O número de másteres analizados en cada curso foise incrementando progresivamente: 36 no 07/08, 57 no 08/09 e 127 no 09/10.
A mostra foi agrupada nas ramas de coñecemento de Artes e Humanidades, Ciencias, Ciencias da Saúde, Ciencias Sociais e Xurídicas e Enxeñaría e Arquitectura. No referido aos ítems analizados, preguntouse pola percepción sobre a formación e a universidade (planificación dos estudos, motivacións, organización das prácticas, etc.), e polas posibilidades que lles abriron estes estudos para acceder ao emprego (tempo que tardaron, grao de uso das distintas vías de procura de traballo, etc.). Ademais analizáronse as condicións laborais, con preguntas sobre a capacidade do mercado de traballo para absorber os titulados nestas ensinanzas, a importancia dos distintos factores para obter un emprego (variables de maior importancia nos procesos de contratación), salarios medios, tipos de contratos ou grao de satisfacción co emprego acadado, entre outros ítems.