Iacobus-FP: intercambios transfronterizos Galicia-Norte de Portugal para profesorado. Amplíación do prazo
Lun, 01/06/2015 - 13:23
A Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia - Norte de Portugal (GNP-AECT), como entidade xestora do Programa IACOBUS-FP, convoca o programa IACOBUS-FP destinado a desenvolver un sistema de intercambio transfronteirizo de profesores, entre Centros Públicos de Formación Profesional da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal coa finalidade de favorecer o achegamento das competencias profesionais entre as dúas rexións para facilitar a equiparación de titulacións de Formación Profesional.
Prazo de presentación de solicitudes: antes do 9 de xuño de 2015.
Período do intercambio: dende o 22 de xuño ata o 30 de setembro de 2015.