Servizos mínimos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para garantir os servizos esenciais durante a folga convocada para o día 29 de setembro de 2010
- Segundo o establecido polo Decreto 151/2010, do 23 de setembro, polo que se ditan normas para garantir os servizos esenciais durante a folga convocada para o día 29 de setembro de 2010
Servizos mínimos relacionados coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria:
Centros públicos de ensino dependentes da Consellería
-A dirección ou membro do equipo da dirección e un subalterno ou subalterna en cada centro escolar. Nos centros de menos de 6 unidades o director/a poderá se substituído por un membro do equipo docente.
-O 30% do persoal de comedores, limpeza e subalterno nos centros residenciais docentes.
-O 30% do persoal de comedores, ATS, limpeza, coidadores/as e persoal médico/a dos centros de educación especial
-Unha persoa de cociña nos centros ordinarios
Centros de ensino privados e concertados
-Manteranse os servizos mínimos establecidos para os centros públicos de ensino dependentes desta Consellería
Respecto do transporte escolar
Servizos regulares de uso especial para transporte de escolares: manteranse como esenciais os servizos de entrada ao centro desde as 7.30 ata as 10.00 horas e os de saída desde as 13.00 ás 15.30 horas dos itinerarios de transporte escolar de estudantes nos niveis de ensino obrigatorio. Para os servizos de transporte a alumnado de centros de educación especial considéranse esenciais os horarios habituais.
Servizos centrais da Consellería
- Un funcionario/a da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos
Servizos periféricos da Consellería
- Un funcionario/a da unidade de persoal da xefatura territorial correspondente