Adxudicación provisional do concurso de méritos específico para cubrir postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos desta consellería (2015)
Mar, 26/05/2015 - 14:23
Xúntase a Adxudicación provisional dos postos anunciados na Orde do 19 de febreiro de 2015 (DOG do 5 de marzo), pola que se convoca concurso de méritos para cubrir postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio.
De acordo co establecido no artigo 5.3 da referida orde, publícase o baremo e adxudicación provisional dos postos ofertados na referida orde.
- Contra esta resolución provisional poderase presentar reclamación, no prazo de dez días naturais desde a súa publicación (do 27 de maio ao 5 de xuño).