A Consellería de Cultura e Educación destina preto de 450.000 euros á ampliación do CEIP Plurilingüe Manuel Murguía
O obxectivo é dar resposta ás crecentes demandas de prazas de escolarización dalgunhas zonas da cidade da Coruña
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pola que se anuncia a licitación da contratación da obra de ampliación do CEIP Plurilingüe Manuel Murguía, cun orzamento de 449.985,90 euros, unhas obras cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional. O obxectivo desta obra é dar resposta ás necesidades crecentes de prazas escolares dalgunhas zonas da cidade da Coruña, nomeadamente das próximas a Novo Mesoiro.
A través desta obra dotarase ao centro de 4 aulas polivalentes,aula de desdobre e secretaría, que permitirán unha mellor organización da actividade lectiva. Ademais, ampliarase o comedor, instalarase un patio cuberto e mellorarase a accesibilidade coa instalación dun ascensor.
Os detalles da licitación poden consultarse no DOG de hoxe, no enlace http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150522/AnuncioG0164-190515-0003_gl.html