Un total de 7.336 persoas concorrerán ás oposicións a mestres e inspectores no ano 2015
A oferta convocada pola Consellería de Cultura e Educación cobre, con 446 prazas, todas as especialidades de mestres, agás a de francés
O número de prazas esgota o 50% da taxa de reposición permitido polo Goberno central
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria admitiu un total de 7.336 persoas na convocatoria de oferta de emprego público para mestres e inspectores realizada este ano 2015. As listas provisorias de admitidos e excluídos poden consultarse no Diario Oficial de Galicia, no enlace http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150518/AnuncioG0164-070515-0002_gl.html
En concreto hai un total de 130 solicitudes admitidos para as oposicións a Inspectores (14 prazas), 2.669 para a especialidade de educación infantil (175 prazas), e 1.733 para a especialidade de educación primaria (30 prazas). No caso das 50 prazas de lingua estranxeira inglés, admitíronse un total de 534 solicitudes; mentres que para as 35 prazas de educación física se admitiron 571, e para as 37 de música figuran como aceptados 404 opositores.
Ademais, figuran un total de 746 persoas admitidas para as 50 prazas dispoñibles na especialidade de Pedagoxía Terapéutica; así como 549 para os 55 postos dispoñibles na de Audición e Linguaxe.
As oposicións buscan garantir a estabilidade do emprego docente en Galicia, esgotando ademais o 50% da taxa de reposición permitido polo Goberno central.